Skip to Content

actividades

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO. CURSO 2020-21

Premendo no seguinte enlace poden acceder ó horario de atención ó público en dirección e secretaría durante o curso 20-21. Non esquezan que deben pedir cita previa no teléfono do centro (881 880 787).

Horario dirección/secretaría

USUARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos ás familias do alumnado usuario de transporte escolar que, consultadas as empresas de transporte, os dous primeiros días do servizo (10 e 11 de setembro) o alumnado deberá estar na parada entre 5 e 10 minutos antes do horario habitual para facilitar a organización da hixiene de mans e asignación de asento.

Agradecemos de antemán a súa colaboración.

PLAN DE ACOLLIDA. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO CURSO 20-21

Neste documento están resumidas as normas de organización e funcionamento do centro para o curso 20-21. Foi elaborado segundo os protocolos establecidos e presentado no consello escolar o 3/09/2020.

Pódese acceder a el no seguinte enlace: "Plan de acollida para o curso 2020-2021" 

DATAS DE INICIO DAS CLASES

Este curso a incorporación do alumnado ó colexio farase de xeito escalonado atendendo ó seguinte calendario:

 

DATA COMEZO DAS CLASES

GRUPOS

 

10/09/2020

4º/5º EI

1º/2º EP

3º EP

 

11/09/2020

6º EI

4º EP

5º EP

6º EP

O horario para 4º EI será o que especifique individualmente a titora atendendo ó periodo de adaptación.

Para o resto dos grupos o horario é o habitual do centro do mes de setembro: 

-9.20 h: apertura do centro 

-9.30 h a 14.30 h: clases

-14.30 a 15.30 h: comedor (con adaptación de horario para entrada escalonada nos dous comedores e nas dúas quendas)

 

REUNIÓNS FAMILIAS ALUMNADO INFANTIL. CURSO 20-21

Convocamos ás familias do alumnado de infantil a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro martes 8 de setembro ás 11.00 h. ´

Para dar cumprimento ó protocolo establecido, só poderá asistir unha persoa por alumno/a. Para acceder ó centro terase en conta o seguinte:

GRUPO

ENTRADA

LUGAR DE REUNIÓN

4º/5º EI

Porta do edificio da ampliación

Aula de primaria 2º andar

6º EI

Porta principal

Aula de infantil

 Lembren que deberán asistir sós (sen alumnado) e con máscara.

PREPARANDO A VOLTA Ó COLEXIO

 

Á espera de que cheguen as últimas instrucións para a reapertura dos centros escolares, xa estamos preparando o colexio para que reúna as condicións necesarias de seguridade e poidamos afrontar o curso do xeito máis levadeiro posible.

Estase elaborando un Plan de adaptación que inclúe novidades con respecto a horarios, distribución e utilización de aulas e materiais, organización de entradas e saídas, así como de espazos destinados a recreos, servizo de comedor e servizo de limpeza. Todas estas novidades daranse a coñecer a través desta páxina web a primeira semana de setembro.

Estes días estanse a facer obras de acondicionamento no comedor:

-Baleirouse a aula de usos múltiples que está fronte ó comedor para ampliar a superficie deste e poder manter a distancia de seguridade durante o servizo de comida do mediodía. Só falta pintala e colocar as mesas e sillas que enviou a consellería.

-Ademais, instalouse no novo acceso ó comedor un lavabo con dúas piletas para garantir unha hixiene de mans axeitada entre o alumnado antes da entrada ó comedor.

Do mesmo xeito, xa nos abastecemos do material recomendado polas consellerías de sanidade e educación (panos desbotables, disolución desinfectante, xel hidroalcólico e cubos de pedal), que en breve será distribuido por todos os espazos do centro.

E xa temos no colexio as axendas para infantil e primaria que, ademais de utilizar o alumnado para as súas anotacións persoais, usaremos os mestres e as familias para estar en contacto.

LABORES DE LIMPEZA E MANTEMENTO

Hoxe comezaron as intervencións de limpeza e mantemento por parte do concello para o adecentamento e posta a punto do centro ante o inminente comezo de curso.

RECOÑECEMENTO Ó LABOR DA BIBLIOTECA POLO VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

Hoxe sae publicada no Portal da consellería a resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre Bibliotecas Escolares Solidarias (Primaria), correspondente ao curso 2019/2020. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte de centros adheridos á iniciativa “Voluntariado de lectura- A”, en función do interese e calidade das actividades realizadas.

 

 

Código
Centro
Concello
Provincia
15021792
CEIP Salgado Torres
Coruña, A
A Coruña
15009081
CEIP de San Ramón
Moeche
A Coruña
15024239
CEIP dos Muíños
Muxía
A Coruña
27004428
CEIP de Foz nº 1
Foz
Lugo
27016662
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
Monforte de Lemos
Lugo
32003771
CEIP Plurilingüe Curros Enríquez
Celanova
Ourense
32004118
CPI Antonio Faílde
Coles
Ourense
36002773
CEIP do Foxo
Estrada, A
Pontevedra
36008489
CEP Altamira
Salceda de Caselas
Pontevedra
36009524
CEP Pedro Caselles Beltrán
Tomiño
Pontevedra

Estes 10 centros seleccionados recibirán unha asignación de 600 euros para o desenvolvemento dun obradoiro especializado, destinado a un grupo de alumnos e alumnas que tivesen ao longo do curso un papel protagonista (dentro do grupo de voluntarios e voluntarias), participando directamente no deseño e xestión de actividades na biblioteca escolar.

Todo o alumnado voluntario recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural.

Unha vez máis o noso agradecemento ó Equipo de Biblioteca coordinado pola mestra responsable Mª José Abelleira Pequeño.

 

RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR E/OU LIBROS DE TEXTO

 

Informamos que as familias do alumnado ó que lle foI concedida a axuda para material escolar e/ou libros de texto, poden pasar a recoller os vales no centro nas seguintes datas e horarios:

 

Grupo

Data

Horario

1º e 2º EP

9/07/20

De 11.15 a 11.45 h

3º EP

9/07/20

De 11.45 a 12.15 h

4º EP

9/07/20

De 12.15 a 13.00 h

5º EP

10/07/20

De 10.00 a 10.45 h

6º EP

10/07/20

De 11.00 a 11.30 h

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS (ALUMNADO DE 6º EP)

As familias do alumnado que rematou 6º EP, xa poden pasar polo centro o xoves 8 e venres 9 de xullo de 10.00 a 11.00 h para recoller os historiais académicos dos seus fillos e fillas.

Distribuir contido


by Dr. Radut