Skip to Content

actividades

OBRADOIRO DE RADIO

Grazas á asignación recibida polo recoñecemento ó labor da biblioteca na iniciativa de voluntariado de lectura, o alumnado de 6º que participou neste programa poido desfrutar dun obradoiro de radio escolar.

 

A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro da man de Sergio Pascual, que explicou os elementos fundamentais da radio (voz, efectos sonoros e silencio), o proceso de elaboración dun programa e a importancia do traballo en equipo. Así mesmo implicou ao alumnado nunhas dinámicas de grupo para traballar o control da voz (respiración, entonación…) e a creación de efectos sonoros.

 

 

 

RECOLLIDA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Informamos que as familias que recibiron a axuda do material escolar e están incluidas na listaxe de admitidos para a distribución de máscaras, poderán recollelas no centro desde o xoves 17 ata o martes 22 de decembro tendo en conta os horarios e pautas que a continuación se especifican.

 

  • Será preciso concertar cita previa telefonicamente (881880787).

  • Se algunha familia vai recoller as máscaras de outro alumnado deberá especificalo no momento de concertar a cita.

  • No momento da recollida deberán acceder ó centro pola porta do edificio da ampliación (excepcionalmente estará aberta nese horario) e dirixirse ó mostrador de secretaría onde se lle entregarán as máscaras e asinarán a recepción das mesmas.



HORARIOS DE RECOLLIDA (PREVIA CITA)

XOVES 17/12/20

VENRES 18/12/20

LUNS 21/12/20

MARTES 22/12/20

De 12.15 a 12.45

De 15.45 a 16.05

De 10.10 a 12.45

De 15.45 a 16.05

De 10.10 a 10.50

De 15.45 a 16.05

De 11.00 a 11.45

BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este curso solicitamos a entrada no Programa de Biblioteca Creativa, e aquí estamos dando os primeiros pasos no mundo da robótica. A coordinadora deste proxecto, a mestra Beatriz Ponte, foi a encargada de titorizar ó alumnado de 5º EP no seu primeiro contacto cos “Escornabots”

 

 

VISITA DE ADELA FIGUEROA PANISSE

O martes 17 de novembro recibimos no centro a Adela Figueroa Panisse, catedrática de Bioloxía e Xeoloxía e escritora galega. Adela foi alumna de Ricardo Carvalho Calero cando, na súa infancia, estudaba no Colexio Fingoi de Lugo.

Esta visita foi organizada pola coordinadora do EDL, Susana Seoane.

 

O alumnado de 5º e 6º EP tivo a sorte de coñecer as vivencias persoais de Adela como alumna de Carvalho Calero, ademais de saber como era o carácter do escritor, os seus gustos e afeccións e moitos detalles da súa vida.

 

Adela tamén mantivo unha xuntanza co profesorado na biblioteca escolar para afondar sobre a figura do escritor a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano.

 

Foi todo un pracer escoitarte, Adela.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

Serán beneficiarios:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

-O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:

  1. Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  2. Estea matriculado en educación especial cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (con independencia da renda da unidade familiar)

 

Presentación de solicitudes e prazo:

-Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material no curso 20/21.

-Presentarán solicitude as familias do alumnado que non presentara a solicitude para material escolar no seu momento.

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2018.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de novembro de 2020.

 

INFORMACIÓN PARA OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA (5º e 6º EP)

Estimadas familias de 5º e 6º EP, se os seus fillos ou fillas pertencen ó club de lectura, agradeceríamos que leran a información premendo no seguinte enlace:

Club de lectura "Papalibros"

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO

Preman, por favor, no enlace que aparece de seguido para saber como celebraremos estas festas.

Samaín e Matosto

O NOSO COMEDOR ESCOLAR VOLVE A SER NOTICIA

Hoxe sae publicada na Voz de Galicia unha noticia sobre o comedor escolar. Preme sobre o título para ver a información completa.

Comida escolar de Km 0 en Os Muíños

REUNIÓNS FAMILIAS ALUMNADO PRIMARIA. CURSO 20-21

Convocamos ás familias do alumnado de primaria a participar nas reunións xerais de titoría que se desenvolverán segundo o calendario que máis abaixo se detalla. Cada unha delas terá lugar na aula da propia titoría.

Para dar cumprimento ó protocolo establecido, só poderá asistir unha persoa por alumno/a. O acceso ó centro será pola porta do edificio da ampliación.

Lembren que deberán asistir sós (sen alumnado) e con máscara.

DATA

NIVEL

HORA



Martes, 29 de setembro



5º EP



16:00h



Luns, 5 de outubro



6º EP



16:35h



Martes, 6 de outubro



1º -2º EP



16:45h



Luns, 19 de outubro



3º EP



16:35h



Luns, 26 de outubro



4º EP



16:35h

 

XA ESTAMOS TODOS. AGORA SI...BO CAMIÑO!

Distribuir contido


by Dr. Radut