Skip to Content

actividades

COMEZO DO CURSO 2023-2024

Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o martes 12 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.15 h

Comedor: de 14.15 a 15.15 h

Lémbrase que por comezar as clases en martes o horario de saída está adiantado 15 minutos, o resto dos días a saída é ás 14.30 da  clase e ás 15.30 do comedor.

REUNIÓN COLECTIVA PARA FAMILIAS DE INFANTIL (CURSO 22-23)

Informamos que o vindeiro martes 6 de setembro terá lugar a primeira reunión colectiva coas familias do alumnado de Educación Infantil.

Celebrarase ás 12:00h nas aulas de Educación Infantil do centro. Accederase pola porta principal do edificio (onde se atopa a conserxería), unha vez alí cada titor/a pasará lista e, posteriormente, iremos para a aula de infantil que corresponda. 

Pregamos que só asista unha persoa (pai/nai/titor/titora) por alumno/a e que traian unha foto actual tamaño carnet do seu fillo ou filla.

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES VOLUNTARIOS COMEDOR ESCOLAR 22-23

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas

listas.

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR CURSO 22-23

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2022-2023. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2021), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 30 de xuño ao   8 de xullo, de 10.00 a 13.00 h (Non se necesita cita previa).

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 1 de xullo ata o 7 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o luns 4 ata o venres 8 de xullo, de 10.00 a 13.00h (Non se necesita cita previa).


Lembren que o prazo remata o día 7 de setembro de 2022.

ACTIVIDADE RE-MAR COA ASOCIACIÓN AMICOS

Durante varios días dos meses de maio e xuño, o centro levou a cabo unha actividade organizada pola Asociación Amicos enfocada á sensibilización sobre a reciclaxe e a importancia das consecuencias do lixo no medio natural

 

Esta asociación traballa para apoiar ás persoas con discapacidade, de xeito que foron eles os encargados de dirixir a actividade.


A primeira parte consitiu nunha pequena charla e a continuación desprazáronse camiñando ata a praia dos Muíños para realizar unha limpeza e clasificación dos lixos atopados.

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE VIRXE DA BARCA. CURSO 2022-2023

Como ben sabedes, non poidemos facer unha xornada de acollida para o alumnado do CEIP Virxe da Barca que o vindeiro curso estará matriculado en 3º EP no noso centro. É unha mágoa non poder presentarlles ós seus compañeiros e compañeiras e, xunto con eles, facer unha visita guiada polas nosas instalacións para rematar no patio e poder disfrutar dun momento de xogo.


Sen embargo non queríamos deixar que rematase este curso sen poñernos en contacto con eles para darnos a coñecer e para que saiban que os estamos agardando. Por iso preparamos esta “acollida virtual”. A mestra Susana Seoane (titora de 2º/2º EP), xunto co alumnado de 2º EP elaborou este vídeo para que os rapaces e rapazas de Virxe da Barca saiban con quen van compartir o próximo curso e coñezan o noso cole por dentro.

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE INFANTIL. CURSO 2022-2023

Todos os anos, no mes de xuño, convidamos ás familias do alumnado que se incorporará a Infantil a que acompañen aos seus fillos e fillas para pasar con eles un ratiño na escola. Deste xeito os futuros alumnos xa entran en contacto cos seus compañeiros e compañeiras coñecendo a aula que compartirán e pasando todos xuntos o tempo de lecer do recreo.

 

 

Como este ano aínda non foi posible organizar esa acollida presencial, a mestra de PT, Mari Rey, elaborou un vídeo co alumnado de 4º/5º EI para dar a benvida virtual a eses pequenos e pequenas que proximamente estarán con nós. Agardamos que sexa do agrado de todos. 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 22-23

Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 21-22 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2020.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.10

10.55 a 11.50

10.05 a 10.55

10.05 a 10.55

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.35 a 10.20

9.35 a 10.20

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2020 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2022.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a

adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Ante a nova situación da non obrigatoriedade do uso das máscaras, a Consellería de Sanidade publicou unhas directrices sobre o uso das mesmas no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia. Pódese acceder ás mesmas no seguinte enlace:

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

AULA EXTERIOR

Desde hai unhas semanas xa temos instaladas no patio exterior tres mesas de traballo cos seus correspondentes bancos. 

No curso pasado a situación da pandemia obrigounos a cambiar de hábitos aproveitando mellor os espazos exteriores dos que dispón o centro como lugares de aprendizaxe.

 Á vista dos bos resultados obtidos da utilización deste recurso, estamos traballando no acondicionamento do patio para delimitar zonas de asamblea, aula ó aire libre e espazos de lecer con xogos colaborativos.

Distribuir contido


by Dr. Radut