Skip to Content

actividades

PLAN DE ACOLLIDA. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. CURSO 2021-2022

Neste documento están resumidas as normas de organización e funcionamento do centro para o curso 21-22. Foi elaborado segundo os protocolos establecidos e presentado no consello escolar o 2/09/2021.

Pódese acceder a el no seguinte enlace: "Plan de acollida para o curso 2021-2022" 

REUNIÓN COLECTIVA PARA FAMILIAS DE INFANTIL (CURSO 21-22)

Informamos que o vindeiro martes 7 de setembro terá lugar a primeira reunión colectiva coas familias do alumnado de Educación Infantil.

Celebrarase ás 11:30h no ximnasio do colexio. Accederase pola porta do edificio da ampliación (onde se atopa a secretaría do centro).

Así mesmo, pregamos que se cumpran coas medidas establecidas por protocolo Covid, como é o uso da máscara e a desinfección das mans ao entrar e ao saír. Só poderá asistir un pai/nai/titor/titora por alumno/a.

Por último, solicitamos que traian unha foto actual tamaño carnet do seu fillo ou filla.

COMEZO DO CURSO 2022-2023

Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o xoves 8 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.30 h

Comedor: de 14.30 a 15.30 h

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR CURSO 21-22

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2021-2022. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2020), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 30 de xuño ao   9 de xullo, de 10.00 a 13.00 h (Non se necesita cita previa).

  • Entrega do anexo II:

-Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 1 de xullo ata o 8 de setembro.

-Presencialmente na secretaría do centro desde o martes 6 ata o xoves 8 de xullo, de 10.00 a 13.00h (Non se necesita cita previa).


Lembren que o prazo remata o día 8 de setembro de 2021.

CAMIÑO DE SANTIAGO: DESDE OS MUÍÑOS ATA MUXÍA

O venres 11 de xuño, o alumnado de 5º EP percorreu un tramo do Camiño de Santiago desde Os Muíños ata Muxía. Esta actividade, incluida na programación deste curso, formaba parte do Proxecto Anual “Facemos camiños”.

Comezando no colexio, descendemos cara a praia de Area Maior. Guiándonos polas frechas do camiño subimos ata Moraime, onde paramos para descansar, contemplar a igrexa de San Xiao coñecendo algo da súa historia e, finalmente, selar a credencial. Continuamos o ascenso ata San Roque, onde merendamos e falamos da construción da capela, da vida do peregrino San Roque e do rito do cambio da tella. Logo dirixímonos a Chorente para descender ata a praia de Espiñeirido, desde onde nos encamiñamos ata A Cruz para percorrer o paseo marítimo e finalizar na Oficina de Turismo, onde volvimos a selar a credencial e obtivemos o “Diploma do pequeno/a peregrino/a”.

O noso agradecemento a Protección Civil de Muxía, ao persoal da Oficina de Turismo e a Autocares Caamaño.

 

Aquí deixamos unha mostra da nosa peregrinación.

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

Todos os anos, no mes de xuño, convidamos ás familias do alumnado que se incorporará a Infantil a que acompañen aos seus fillos e fillas para pasar con eles un ratiño na escola. Deste xeito os futuros alumnos xa entran en contacto cos seus compañeiros e compañeiras coñecendo a aula que compartirán e pasando todos xuntos o tempo de lecer do recreo.

 

Como este ano, a causa da pandemia, non foi posible organizar esa acollida presencial, a mestra de Infantil Jessica Vázquez elaborou un vídeo co alumnado de 4º EI para dar a benvida virtual a eses pequenos e pequenas que proximamente estarán con nós. Agardamos que sexa do agrado de todos. Premede neste enlace para visualizalo.

 

 

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE VIRXE DA BARCA

Como ben sabedes, pola situación actual da pandemia, non poidemos facer unha xornada de acollida para o alumnado do CEIP Virxe da Barca que o vindeiro curso estará matriculado en 3º EP no noso centro. É unha mágoa non poder presentarlles ós seus compañeiros e compañeiras e, xunto con eles, facer unha visita guiada polas nosas instalacións para rematar no patio e poder disfrutar dun momento de xogo.


Sen embargo non queríamos deixar que rematase este curso sen poñernos en contacto con eles para darnos a coñecer e para que saiban que os estamos agardando. Por iso preparamos esta “acollida virtual”. A mestra Mari Rey (secretaria do centro), xunto co alumnado de 2º EP elaborou este vídeo para que os rapaces e rapazas de Virxe da Barca saiban con quen van compartir o próximo curso e coñezan o noso cole por dentro. Preme aquí para visualizalo.

 

 

HORARIO DE XUÑO

Lembramos que o horario do alumnado a partir do martes 1 de xuño é de 9.30 h a 14.30 h, agás os martes que

sairán ás 14.15 h. O servizo de comedor funcionará de 14.30 h a 15.30 h. (Os martes será de 14.15 h a 15.15 h.)

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COA FAXPG

Os venres 21 e 28 de maio celebramos no centro unhas charlas de sensibilización para romper os estereotipos sobre as persoas xordas e fomentar a súa inclusión na sociedade.

 

Para esta actividade, que foi proposta pola ANPA, o colexio contactou coa FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia). Deste xeito, achegáronse ó centro unha profesora de lingua de signos e unha intérprete que durante unha sesión acompañaron a cada grupo para falar sobre moitos aspectos relacionados coa xordeira.

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto(1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2021-2022. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 20-21 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2019.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible nos seguintes enderezos: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou  https://sede.xunta.gal  

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregar presencialmente, deberán pedir cita previa chamando ó teléfono 881 880 787.

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2019 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o22 de xuño de 2021.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut