Skip to Content

actividades

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Por iniciativa da ANPA "O Facho", o venres 3 conmemoramos no colexio o Día mundial contra o cancro. Grazas á asociación de nais e pais, todo o alumnado, profesorado e persoal non docente dispuxo dun lazo verde co que amosamos a nosa solidariedade e apoio para todas esas persoas que padecen esta enfermidade.

PILABOT

Este trimestre inscribimos ao centro no concurso PILABOT. Durante 6 semanas contadas a partir do 30 de xaneiro, debemos recoller o maior número de pilas e baterías que poidamos. Deste xeito contribuimos á mellora do medioambiente.

Ademais, ao fío deste proxecto, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de reciclaxe de pilas impartido no propio colexio.

 

VIII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

A finais do curso pasado presentamos o noso PDI (Proxecto documental integrado) E ti que pintas? ao VIII concurso de traballos por proxectos coordinados desde a biblioteca escolar. 

Por segundo ano consecutivo volvimos a resultar premiados. Unha gran satisfacción, non só polo traballo desenvolvido senón tamén polo aporte económico que supón para continuar invertindo no noso alumnado.

VISITA AO MUSEO DO MAR DE FISTERRA

Como este ano o tema do Proxecto Documental Integrado é o mar, a primeira saída cultural do curso foi ao Museo do Mar de Fisterra

O martes 29 de novembro os grupos de 1º, 2º e 4º EP achegáronse á vila mariñeira para aprender algo máis do tema que nos ocupa e, sobre todo, para aprender a "Amar o mar".

XOGANDO CON... "AMICOS"

Os días 15 e 16 de novembro recibimos no colexio a Amicos, unha asociación de Boiro que traballa con persoas con discapacidade intelectual. É a segunda vez que se achegan ó noso centro para ofrecernos unha actividade que, nesta ocasión, estaba relacionada co noso Proxecto Documental “Amar o mar”

 

A actividade consistía nun xogo “O lixo mariño” no que a través de preguntas de coñecemento, reciclaxe, adiviñas, bailes, cancións, resolución de enigmas etc, os participantes superaban probas avanzando por un taboleiro ata chegar á meta: Un mar limpo!

 

Moitas grazas, Amicos, por facernos pasar un rato tan agradable!

 

VALE COMPLEMENTARIO PARA AXUDA DO MATERIAL ESCOLAR

Informamos de que todas as familias que recibiron o vale de 50 € para a axuda da adquisición de material escolar, poden recoller outro vale adicional de 25 € na secretaría do centro en horario de atención ao público:



HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

10.00 a 10.55

 

              

 Dirección

   

 

10.55 a 11.50

 

Dirección

 

 

 

12.10 a 13.00

 

 

 

 

 

14.30 a 15.40

 

 

 

 

 

15.40 a 16.30  

Secretaría

 

 

Secretaría

 

 

Este vale adicional deberá empregarse na librería/establecemento antes do 1 de decembro preferentemente.

COMEDOR ESCOLAR: PROGRAMA ECOCOMEDORES

O comedor do noso colexio participa no Programa Ecocomedores organizado por Menjadors Ecològics e o GDR Costa da Morte. O vindeiro sábado 15 de outubro celebraranse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso unhas Xornadas de sensibilización con cociña e produción para fomentar os menús saudables e sostibles máis alá dos comedores escolares.

 

Ó longo desa Xornada, e en horario de 13.30 a 14.30, haberá unha Degustación de menús elaborados por chefs de colectividades da Redchef 2030, na que poderán participar as familias da nosa comunidade educativa. Se así o desexan, poden formalizar a súa inscrición cubrindo este formulario: https://forms.gle/hz5C356dKTvRpeKg7

 

Animámosvos a todos e todas a que participedes!

COMEZO DO CURSO 2023-2024

Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o martes 12 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.15 h

Comedor: de 14.15 a 15.15 h

Lémbrase que por comezar as clases en martes o horario de saída está adiantado 15 minutos, o resto dos días a saída é ás 14.30 da  clase e ás 15.30 do comedor.

REUNIÓN COLECTIVA PARA FAMILIAS DE INFANTIL (CURSO 22-23)

Informamos que o vindeiro martes 6 de setembro terá lugar a primeira reunión colectiva coas familias do alumnado de Educación Infantil.

Celebrarase ás 12:00h nas aulas de Educación Infantil do centro. Accederase pola porta principal do edificio (onde se atopa a conserxería), unha vez alí cada titor/a pasará lista e, posteriormente, iremos para a aula de infantil que corresponda. 

Pregamos que só asista unha persoa (pai/nai/titor/titora) por alumno/a e que traian unha foto actual tamaño carnet do seu fillo ou filla.

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES VOLUNTARIOS COMEDOR ESCOLAR 22-23

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas

listas.

Distribuir contido


by Dr. Radut