Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:
1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.
2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.
3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.
4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.
5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.
As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.
Tramitación
-
O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:
Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións
Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 4 ao 14 de xullo, de 10.00 a 13.00 h
-
Entrega do anexo II:
Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.
Presencialmente na secretaría do centro desde o 4 ata o 14 de xullo, de 10.00 a 13.00h
Lembren que o prazo remata o día 1 de setembro de 2023.