Skip to Content

actividades

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA A PARTIR DO 16 DE MARZO

Durante os días que o centro permaneza pechado para o alumnado, atoparedes actividades de reforzo e repaso na aula virtual. Preme sobre ese apartado e, unha vez dentro, atoparás a "Aula coronavirus" onde estarán accesibles todos os materiais.

Novas instrucións en relación co COVID-19

INFORMACIÓN SOBRE O PECHE DO CENTRO A PARTIR DO 16/03/2020

OBRADOIRO CREATIVO

Este curso imos fomentar os xogos no patio na hora de lecer. Será un comezo para conseguir un patio dinámico e inclusivo. Xa hai unhas semanas que o alumnado está colaborando coa mestra coordinadora do proxecto, a "teacher" María, na elaboración de materiais para utilizar nos xogos. Aquí queda unha mostra do que é o obradoiro creativo:

 

SAÍDA CULTURAL DE 1º A 4º EP A SANTIAGO

O xoves 5 de marzo o alumnado de 1º a 4º EP desprazouse a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego.

Como este curso estamos centrados nos oficios tradicionais galegos, focalizamos a visita naqueles que estamos traballando na aula. Así, percorrimos a exposición dos redeiros e redeiras, palilleiras...

 

...oleiros e cesteiros.

OBRADOIROS DA IGUALDADE

O mércores 4 de marzo, coincidindo coa semana da Muller, levamos a cabo un obradoiro de actividades pola igualdade. O alumnado de infantil participou nun contacontos tendo a "Elmer" como protagonista.

1º e 2º EP escoitou "O conto dos porcos", 3º e 4º EP participaron na "Oca da igualdade" e 5º e 6º EP no "Pasapalabra da igualdade".

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres 21 de febreiro celebramos o Entroido. Acompañáronnos as nosas familias e amigos.

 

Comezou o festival coa actuación da Chiquitropa, que interpretou a canción "Os nosos oficios neste carnaval".

A continuación desfilaron os pequenos "Granxeiros" de 4º EI, que remataron cantando "O entroido vai comezar".

"Os zapateiros" de 5º e 6º EI interpretaron a cantiga "É a hora dos zapateiros".

Os "Redeiros" e as "Palilleiras" de 1º e 2º EP puxéronse a regueifar "Enredos de bolillos".

"Os oleiros" de 3º EP cantaron e bailaron "Baila cos oleiros".

"Os cesteiros" de 4º EP deleitáronnos con "Vive o entroido".

Chegou a quenda de 5º EP. A comparsa dos "Mariñeiros" interpretou "Os de 5º andamos ao mar".

Finalizou o festival coa actuación dos "Carpinteiros" de 6º EP, que cantaron "Antroidoficios".

 

PREVENCIÓN DO CÁNCER. HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

O mércores 19 de febreiro visitounos Rosa Trillo, psicóloga da aecc (Asociación española contra o cáncer).

Durante a mañá, levou a cabo varios talleres de "Sentimentos" co alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º EP, coa finalidade de chegar a normalizar a visión desta enfermidade. Pola tarde xuntouse co alumnado de 5º e 6º EP para impartir unha charla sobre hábitos de vida saudables para previr a aparición do cáncer.

Falou sobre os efectos nocivos do tabaco, alcol e sol, así como dos beneficios que aporta unha alimentación saudable e o exercicio físico.

4º EI VISITA UNHA GRANXA

O mércores 12 de febreiro, o alumnado de 4º EI visitou en Cartel a granxa da nai de Carla.

Ademais de entrar en contacto co entorno próximo, tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento dunha granxa e saber como viven algúns animais domésticos.

A visita tamén serviu para adquirir hábitos de respecto cara os animais.

 

DÍA DA PAZ

 

O xoves 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. O Equipo de Extraescolares encargouse de organizar a celebración. Contou coa colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca. O primeiro adaptou a letra da canción “Una marea de gente” do grupo musical Macaco, facendo unha versión en galego e o segundo elaborou unha versión con pictogramas e lingua de signos. Aproveitando que o Proxecto Documental Integrado deste curso é “Os oficios”, a nosa canción titulouse “Unha marea de xente e oficios”.

 

 

 

Na tarde do xoves reunímonos todos no ximnasio. Cada un de nós levaba na camiseta o pictograma que representaba o oficio do seu grupo e sentamos na silueta dunha pomba debuxada no chan pola mestra Sandra e a teacher María. No centro, algúns compañeiros e compañeiras representaban os oficios (granxeiros e granxeiras, olaría, cestaría, pesca, carpintaría, zapataría, palilleiras e redeiras). Observade:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut