Skip to Content

actividades

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na tarde do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero nun acto organizado conxuntamente polos Equipos de Biblioteca, Extraescolares e Dinamización da Lingua. Reunímonos todos na biblioteca e algúns compañeiros do voluntariado fixeron a presentación explicando por que se escollera esta data para conmemorar o Día contra a Violencia de xénero.

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Do 14 ó 16 de maio, levaranse a cabo varias actividades para celebrar as Letras Galegas homenaxeando á autora escollida para este ano, Mª Victoria Moreno. Preme neste enlace para acceder a toda a información.

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO

O venres 27 de outubro, os grupos de 4º, 5º e 6º EP participaron nunha actividade organizada por Urdime percorrendo un tramo do Camiño de Santiago dentro do noso concello. Contamos coa colaboración de Inacio Vilariño que foi relatando contos sobre o camiño.

SAÍDA Ó AQUAPARK DE CERCEDA

O mércores 21 de xuño, o alumnado de 4º e 6º EP disfrutará dunha xornada de ocio no Aquapark de Cerceda.

SAÍDA A CORUÑA E CASTELO DE VIMIANZO

O martes 20 de xuño, o alumnado de 5º EP visitará o Castelo de San Antón e o Muncyt en Coruña. De regreso a Muxía, pararán en Vimianzo para visitar o castelo.

SAÍDA Á PRAIA DOS MUÍÑOS

O luns 19 e martes 20 de xuño, se o tempo o permite, o alumnado de 6º EP e Infantil respectivamente, achegarase á praia dos Muíños para disfrutar dunha xornada lúdica e de convivencia.

XINCANA VIAXEIRA

O xoves 22 de xuño celebraremos a "Xincana viaxeira". Participará todo o alumnado do centro distribuido en 8 equipos. Para visualizar as bases do xogo preme aquí.

"O MAR NA ESCOLA. XOGANDO CO VENTO"

O Concello de Muxía xunto coa Escola de Vela Cataventos organiza a actividade "O mar na escola. Xogando co vento".

Calendario:

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut