Skip to Content

actividades

FESTIVAL DA POESÍA

O venres 23 de marzo celebraremos o festival da poesía. Acompañaranos a poeta Rocío Leira. Preme aquí para ver o programa de actuacións.

OBRADOIRO HORTUXA: VISITA DUNHA NUTRICIONISTA

Os mércores 14 e 21 de marzo contaremos coa visita da científica "Elena Berenjena" (a nutricionista Olga Rodríguez), que explicará a importancia da boa alimentación nuns obradoiros para os distintos niveis. A través dunha xincana descubriremos os ingredientes secretos dunha apócema máxica moi enerxética.

ENTROIDO

Estamos na semana do entroido e a partir do martes 6 de febreiro deberemos estar atentos ó noso pregoeiro para saber con que temos que vir disfrazados cada día. O venres 9 celebraremos o festival en horario de mañá. Preme aquí para ver o programa de actuacións.

DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro adicamos a hora de ler á celebración do día da Paz. Xuntos interpretamos a canción "Todos somos capitáns" acompañándonos coa linguaxe de signos.

FESTIVAL DE NADAL

O xoves 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal, ó que convidamos a todos os membros da comunidade educativa. Preme aquí para ver o programa de actos.

VISITA DO APALPADOR

O luns 18 de decembro "O Apalpador" visitará o noso colexio para explicarnos a súa relación co nadal.

SAÍDA Ó CINE A CEE

O martes 19 de decembro, o alumnado de Infantil e 1º EP desprazarase a Cee en horario de mañá para disfrutar da proxección dunha película na sala de cines A Xunqueira.

SAÍDA A CORUÑA

O mércores 20 de decembro o alumnado de 2º, 3º e 4º EP desprazarase a Coruña para visitar a Fundación Mª José Jove, o MUNCYT e a pista de xeo de Marineda. A saída será ás 9.15 h e a chegada ó centro ás 16.20 h.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E PLANTACIÓN DE SEMENTES

O xoves 2 de novembro, Pedro (Técnico de Medio Ambiente de Galicia) e Mariann (Técnica de Medio Ambiente do Concello de Muxía), acompañarannos durante a mañá para explicarnos a posta e marcha e funcionamento dun composteiro (3º e 4º EP), así como amosarnos a técnica de

SAMAÍN E MAGOSTO

O martes 31 de outubro celebraremos o Samaín e faremos o magosto. Preme aquí para ver o programa de actividades dese día.

Distribuir contido


by Dr. Radut