Skip to Content

actividades

FESTA DO ANTROIDO

O venres 24 de febreiro celebramos o Festival do Antroido. Convidamos a todas as familias para que nos acompañen do desfile que comezará ás 11.00 h no ximnasio do centro.

RECOLLIDA DE TAPÓNS

A "Taponeta Solidaria" visitou o noso centro o venres 27 de xaneiro para recoller case 800 kg de tapóns que irán destinados ó tratamento para Nahír, unha nena pontevedresa con problemas de mobilidade. Grazas a todos os que participastes nesta actividade: familias, alumnos, persoal do centro, e amigos e veciños da nosa escola.

CAMPAÑA OPORTUNIDADES GALICIA: "SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR"

O martes 17 de xaneiro, o alumnado de Infantil e Primaria participará, en sesións de 50 minutos, nunha charla-obradoiro sobre a reciclaxe.

FESTIVAL DE NADAL

O mércores 21 de decembro, a partir das 10.15 h, comezará o Festival de Nadal. Preme aquí para ler o programa. 

SAÍDA A CORUÑA (PATINAXE EN PISTA DE XEO)

O luns 19 de decembro o alumnado de 6º EP disfrutará dunha xornada lúdica de patinaxe na pista de xeo do Marineda City.

SAÍDA Ó CINE

O venres 2 de decembro o alumnado de Infantil e 1º ciclo de EP desprazarase a Cee para o visionado dunha película no cine "A Xunqueira".

SAMAÍN E MAGOSTO

O venres 11 de novembro celebraremos o Samaín e o Magosto. Preme aquí para ver o programa de actividades.

XORNADA LÚDICA DE BALONMÁN

O xoves 27 de outubro contaremos coa visita de dous monitores de balonmán que achegarán este deporte ó alumnado de 3º a 6º EP. Esta actividade está patrocinada polo Concello de Muxía.

CHARLA DA ESCOLA DE VELA "CATAVENTOS"

 O mércores 2 de abril, unha monitora da escola de vela "Cataventos", achegarase ó noso centro en horario de mañá, para informar ó alumnado de 3º ciclo de Primaria sobre as actividades que se poden desenvolver no mar. Esta charla é fundamental para poder facer unha sesión práctica no mes de xuño no porto de Muxía.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O venres 21 de marzo, xa que comeza a primavera, adicarémolo ó medioambiente e á poesía.

Pola mañá achegaranse ó centro os axentes forestais que nos falarán sobre os efectos dos lumes nos montes, amosararnnos como se utiliza a motobomba e plantarán sementes con nós.

Distribuir contido


by Dr. Radut