Skip to Content

actividades

VISITA A UN INVERNADOIRO

O alumnado de Infantil visitará un invernadoiro en Fumiñeo na mañá do venres 14 de marzo.

SEMANA DA CIENCIA

O mércores 12 de marzo o alumnado de desprazarase ó IES Ramón Caamaño para participar en distintas actividades organizadas co gallo da Semana da Ciencia: experimentos no laboratorio do instituto, obradoiro de papiroflexia e visita ás diversas exposicións científicas.

FESTIVAL DE ANTROIDO

Preme aquí para saber que actividades levaremos a cabo na semana do antroido.

Navega con rumbo

O martes 11 de febreiro, a partir das 14.30 h,  o alumnado de 4º e 3º ciclo de Primaria, asistirá a unha charla que, baixo o título "Navega con rumbo", amosaralles como deben utilizar internet de forma segura. Esta actividade está organizada a través do Proxecto Abalar.

SEMANA DA PAZ

SEMANA DA PAZ

FESTIVAL DE NADAL

Ovenres 20 de decembro celebraremos o Nadal cun Festival que dará comezo ás 10.30 h e terá o seguinte horario de actuacións:

10.30 h: Chiquitropa. Canción "Porque é Nadal".

10.35 h: E. Infantil. Canción "Chascarrás-caschás".

SAÍDA A SANTIAGO E PADRÓN

O xoves 19 de decembro, o alumnado de 1º ciclo e 3º de Primaria realizarán unha viaxe cultural a Santiago. Desde alí trasladaranse en tren ata Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro.

SAÍDA Ó CINE

O mércores 18/12/13 o alumnado de Infantil asistirá a unha sesión de cine a Cee en horario de mañá.

Visitamos a panadería dos Muíños

20/11/2013 11:00
20/11/2013 12:30
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º de Infantil visitará  a panadería dos Muíños para ver o seu funcionamento e elaborar un bolo de pan.

VISITA DE KEPA JUNQUERA

18/11/2013 11:00
18/11/2013 11:40
Etc/GMT+1

O gran acordeonista vasco Kepa Junquera visitará o centro para charlar co alumnado e interpretar algunha composición tradicional. Agradecemos a colaboración da familia de Manuel Pazos (Pazos de Merexo), xa que sen eles sería imposible que este evento se poidera levar a cabo.

Distribuir contido


by Dr. Radut