DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A tarde do 3 de decembro tivemos unha cita no ximnasio do colexio. Reunímonos todos "BAIXO O MESMO PARAUGAS".
Con este acto, organizado polo Departamento de Orientación, quixemos dar visibilidade ás persoas con discapacidade, porque somos conscientes de que non podemos deixar a ninguén atrás.
Cinco compañeiras e catro compañeiros de primaria deron lectura a este manifesto:
O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade.
As persoas con discapacidade son a minoría máis ampla no mundo, e soen ter máis dificultades en todos os niveis: de acceso á educación, laborais, económicas...
Todo isto unido á discriminación social que as veces existe no seu entorno,fan que a vida das persoas con discapacidade sexa máis difícil.
Baixo o mesmo paraugas é o lema deste ano por iso con este pequeno acto queremos poñer o noso graíño de area e defender que:
A comunidade do C.E.I.P. Os Muíños traballa para conseguir cidadáns responsables, autónomos, respectuosos e felices que participen de forma activa nunha sociedade inclusiva, partindo das súas capacidades, desenvolvendo o seu talento e equilibrando a súa autoestima, mediante unha metodoloxía motivadora e innovadora adaptable á diversidade do alumnado.