Iniciar sesión: Acceso

Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso

Inauguración oficial do comedor e dos novos aseos dos rapaces

O pasado 22 de febreiro recibimos a visita de numerosas autoridades para a inauguración oficial do comedor e dos novos aseos.

 

Contamos coa presenza do alcalde de Vigo Abel Caballero, do Xefe Territorial César Ares, do Inspector do noso centro Enrique Prado, da Conselleira de Educación Olga Alonso e do Conselleiro de parques, xardíns e distritos Ángel

Entroido 2018

Xa está aquí o entroido 2018!!!!!

Este ano dende o Sello fixemos un guiño a cidade de Vigo: tivemos edificios históricos, esculturas, artistas de rúa, literarios vigueses, ...

Premede no enlace para poder gozar das fotos que fixemos!!!!

Festival 2017

Xa temos aquí un vídeo resumo das actuacións de Nadal, moitas grazas aos pais que posisbilitaron ao centro dispoñer destas imaxes.

 

Un ano mais celebramos o Festival de Nadal, aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións dos rapaces (Preme na imaxe para acceder)

 

Bo Nadal!!!!!!!!!

Festival de fin de curso 2016/2017

Como cada ano, no CEIP O Sello,  festexamos o fin de curso cun festival e nesta ocasión non faltou nin o baile, nin o ritmo nin  o humor. O noso alumnado puxo moita ilusión e esforzo en cada actuación e  resultado pagou a pena.

Ademias grazas ás familias gozamos dunha rica degustación de produtos típicos das comunidades autónomas traballadas durante este curso e con este bo sabor de boca despedímonos ata setembro.

BO VERÁN A TODOS!!!

O Entroido na Península

O pasado venres 24 de febreiro celebramos a festa do Entroido 2017 baixo o lema "O Entroido na Península". Cada aula caracterizouse dalgunha personaxe ou dalgún elemento significativo da súa comunidade, seguindo o noso Proxecto Anual "Unha andaina por España". Ben guapos saímos a dar un paseo por Cabral. Ao regreso ao cole cantamos e recitamos as nosas coplas do entroido, actuamos como grandes artistas e para finalizar degustamos uns deliciosos doces típicos destas datas, cos que colaboraron as familias. 
Mirade que guapos estabamos e o ben que o pasamos.
 
 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: