Iniciar sesión: Acceso

Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso

Paz 2016

Comezamos a celebración do Día da Paz cun manifesto que os alumnos/as de 6º E.P. elaboraron relacionado co proxecto anual do cole e sen esquecerse de mencionar o actual  conflito da Guerra de Siria. Ademais gozamos da música en directo coa danza africana “Zimbolé” e a canción “Só lle pido a Deus” acompañados polo especialista de E. Musical coa guitarra. E, xa para rematar, cantamos e interpretamos a canción "Tú enemigo" de Pablo López e Juanes. Durante toda a semana da Paz os alumnos/as maiores foron os encargados/as de ensinarlle ao resto do alumnado do centro a coreografía. 
O punto final a esta conmemoración, púxose co mural que compuxemos entre todos/as coas nosas mans coas bandeiras dos 5 continentes formando a palabra PAZ.

Nadal 2015

Como cada curso no CEIP O Sello celebramos o Nadal con moito ritmo e en boa compañía.

 

I Edición: OLIMPIACAS

Chegou o día de celebrar o Magosto e no CEIP O Sello puxemos en marcha a I Edición das Olimpiacas nas que todo o alumnado do centro, organizado en grupos formados por alumnos de diferentes idades, foron pasando polos distintos xogos populares nos que a protagonista foi a castaña. Ademais todos os cursos recitamos poesías, adiviñas ou cantigas sobre esta festa e gozamos degustando castañas asadas.

Excursión de fin de curso

Este ano o destino elixido para a nosa excursión de convivencia foi a vila mariñeira de Baiona. A Fortaleza de Monterreal, a carabela Pinta ou o casco histórico foron algunhas das nosas paradas. Ademais comimos no monte e gozamos tamén do parque no paseo da Palma. Sen dúbida, pasamos un marabilloso día!

Día da árbore

O pasado 4 de xuño gozamos dunha xornada de convivencia no CEE Saladino Cortizo. Entre todos plantamos unha árbore, soltamos uns paxaros, merendamos e participamos en diversos xogos interactuando cos alumnos/as do CEE Saladino Cortizo e tamén do CEIP O Carballal.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: