Iniciar sesión: Acceso

Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso

Samaín no Sello

O pasado día 28 o CEIP O Sello celebrou, un curso mais, a festa na que teñen cabida as personaxes mais sorprendentes, pois pantasmas, meigas ou morcegos pulularon libremente polo noso centro.
Este ano moitas das cabazas e caveiras tiñan un toque moi español seguindo a temática do noso proxecto anual, "Unha andaina por España". E para rematar a nosa festa sen perder as boas costumes, degustamos unhas deliciosas sobremesas aportadas polas nosas colaboradoras familias.
 
 Grazas!!!
 
 

Unión Musical de Cabral

Como cada comezo de curso a Unión Musical de Cabral deleitounos cun fantástico repertorio musical neste caso cheo de bandas sonoras cinematogáficas.

Foi unha delicia escoitalos!

Festival de fin de curso 2016

O fin de curso chegou e quixemos celebralo por todo o alto. Mirade o gran esforzo  realizado polo noso alumnado na recta final.

FELICES VACACIÓNS PARA TODOS!!!

 

Día da Árbore

O venres 3 de xuño visitamos o CEE Saladino Cortizo para festexar como cada ano este día. Compartimos co alumnado deste centro anfitrión e tamén co CEIP Carballal unha morea de actividades e xogos e pasámolo en grande.

Xa agardamos con ilusión

a que chegue o vindeiro ano!

 

Recitamos a Manuel María

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Manuel María, decidimos decorar as nosas escaleiras con dúas das súas obras: "O soñador" e "Galicia". Por suposto aprendémolas para poder recitalas. Tamén decoramos entre todos un fermoso mural. 
Mirade que chulo quedou todo!
 
 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: