Iniciar sesión: Acceso

Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso

Salón do Libro

Este ano o Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra abriu as portas da súa XVII edición baixo o lema "Canta bichería!". Ata alí achegámonos a meirande do alumnado do noso centro para aprender moitas curiosidades sobre moi distintos tipos de animais (salvaxes, domésticos, acuáticos, polares, insectos...) e gozar desta divertida experiencia!

Semana da prensa

A semana do 7 ao 11 de marzo celebramos a Semana da Prensa e que mellor xeito de facelo que asistindo a unha actividade do Faro na Escola na que participamos na entrevista de 3 emblemáticos deportistas: Chus Lago, Vlado Gudelj e Óscar Pereiro.

Ao longo da semana traballamos tamén sobre distintas noticias relacionadas co noso proxecto anual "Costumes e tradicións galegas" e durante o recreo radiámolas para todo o centro.

Ademais tivemos a oportunidade de consultar diferentes xornais das catro provincias da nosa Comunidade e establecer comparacións entre eles.

Coplas de Entroido

Nesta ocasión o noso proxecto anual, Costumes e tradicións galegas, inspirounos para compoñer unhas coplas moi molonas. Escoitádeas!!!

Entroido galego!!!

Este ano disfrazámonos de cousas relacionadas co noso Proxecto Anual, "Costumes e Tradicións Galegas", e cada curso tratou de reflexar un anaco da nosa Comunidade: o noso traxe típico, a gastronomía, a fauna, as festas populares, os pintores, os celtas, os peregrinos, a Rondalla... Ao chegar de volta ao cole bailamos e recitamos as nosas coplas. E para rematar degustamos uns ricos postres típicos da nosa terra grazas a colaboración das familias.

O Merdeiro visita O Sello

O día 1 de febreiro comezamos a semana do Entroido coa visita dun personaxe típico do entroido de Vigo: o Merdeiro.
Pasou por todas as clases mostrándonos como era o seu traxe e falándonos un pouco da súa orixe. Ademais, grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os alumnos de 6º de E.P. tiveron unha charla relacionada con este persoaxe para recoñecer a figura do Merdeiro dentro do entroido tradicional vigués, achegarse á historia do noso entroido e identificar esta figura tendo en conta a súa orixe, historia e vestimenta:

Os mariñeiros disfrazábanse de merdeiros (traxe que imitaba a campesiños que recollían restos de peixe para abonar os seus campos) para incordiar á xente restregándolle restos de peixe podre. Por tanto era unha figura que xurdiu da rivalidade entre mariñeiros e labradores.

A vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: camisa branca arremangada, pantalón de pano, polainas, zapatillas brancas ou zocas, chaleco con símbolos astrais ou animais (o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña…), unha faixa vermella, armado cunha vara e adornado con vexetais, como verduras, cebolas,... máscara rosa, perruca loura e o gorro cunha galiña na cabeza.

Sen dúbida unha foi unha visita moi sorprendente e interesante para todos.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: