Iniciar sesión: Acceso

Inauguración oficial do comedor e dos novos aseos dos rapaces

O pasado 22 de febreiro recibimos a visita de numerosas autoridades para a inauguración oficial do comedor e dos novos aseos.

 

Contamos coa presenza do alcalde de Vigo Abel Caballero, do Xefe Territorial César Ares, do Inspector do noso centro Enrique Prado, da Conselleira de Educación Olga Alonso e do Conselleiro de parques, xardíns e distritos Ángel Rivas. Ademais doutros representantes da zona de Cabral, como os presidentes da comunidade de montes, da asociación de veciños e do centro cultural e recreativo de Cabral. E tamén, como non podía ser menos, os membros da ANPA e o profesorado do colexio.

 

Logo do corte oficial da cinta realizada polo Alcalde, tivemos a sorte de que nos adicaran unhas verbas tanto él como o xefe territorial.

 

 

Esperamos que saíran contentos da visita e que sigan traballando pola mellora do centro.

 

 

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: