Skip to Content

COUSAS DE NENOS OU DE NENAS?

Non son cousas de nenos nin de nenas. Xogar ás casiñas, disfrazarse, xogar cos coches, pintar, crear... xogar a ser como os maiores e a facer as cousas de maiores. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia.

Aprendemos a ser maiores xogando!



story | by Dr. Radut