Skip to Content

CHARLA DO CLUBE DE ATLETISMO

Fai unhas semanas tivemos no cole unha charla do clube de Atletismo Ría de Foz.

            

Contáronnos un montón de cousiñas interesantes sobre as distintas disciplinas que alí se practican, e, coma sempre, animáronnos a probar calquera delas pasando a velos polas súas instalacións.

         

Tamén nos regalaron algunha camisetas aos que mellor contestaron ás súas preguntas.

Moitas gracias por vir a visitarnos!

ESTRELLA, UNHA MASCOTA MOI ESPECIAL

   O pasado Nadal chegou unha compañeira moi especial á clase de 3º. Trátase da nosa mascota, a tartaruga ESTRELLA, nome que foi elexido por votación.

   Cada día os encargados encárganse de alimentala e limpiala. Medrou moito no tempo que leva con nós e imos vela de cando en vez para que non se sinta soa.

                                       Querémoste Estrella!

                               

AVES DE GALICIA

   O pasado 18 de setembro os alumnos de 4º realizamos unha visita ao Cenima para ver a exposición: "Aves de Galicia". Había un total de 13 paneis informativos sobre as aves da nosa Comunidade: de cidade, de costa, de lagoa..., así como do equipo que debe levar un bo ornitólogo para a súa obsrvación.

   Repartímonos en parellas para resumir as características do panel e o nome das aves que alí viven e, de volta ao cole, explicarlles aos otros equipos de que trataba. Antes do regreso, paramos no parque para tomar o bocadillo e tamén para comentar as fotos antigas de Foz que hai no muro da igrexa.

                                                                      PASÁMOLO XENIAL!!!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Estimadas familias,

Lembrámosvos que o próximo venres 21 de Xuño, ás 11 da mañá, temos o festival de fin de curso.

Os grupos que actúan nesta ocasión son Infantil 5 anos, 2º, 4º e 6º de Primaria, polo que están especialmente invitados os pais/nais deste alumnado.

EXCURSIÓN DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA

  O pasado día 22 de maio os alumnos-as de 3º e 4º de E. Primaria realizaron unha excursión ao Museo da Minería en El Entrego (Asturias) e ao Museo do Ferrocarril de Gijón.

   No Museo da Minería vivimos a experiencia de ser mineiro por uns minutos dentro da mina, vimos os utensilios que usaban e montamos nunha noria que sacaba auga.

   No Museo do Ferrocarril a guía ensinounos trens, tranvías e locomotoras de distintas épocas, algúns de carbón, outros eléctricos e outros de gasolina. Nalgúns puidemos subir e apreciar que non sempre foron tan cómodos como os de agora.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut