Skip to Content

CHARLA DIABETES

      O pasado Mércores disfrutamos no centro dunha Charla informativa sobre a Diabetes, especialmente sobre a tipo I, que é a que máis afecta a nenos e nenas.

 

INCUBANDO OVOS

   O pasado 6 de novembro comezamos unha experiencia no cole:" incubando ovos". Genita, a nai dun ex alumno  (Daniel Carballeira), axudounos para levar a cabo esta aventura.

   Trouxo a incubadora e 28 ovos galeados, xa que ela ten na súa casa moitas aves diferentes e fai esto a miúdo.Explicounos que había que botarlle auga temperada todos os días nun depósito que ten a incubadora para que tivesen humidade e, tras 21 días naceron dez pitiños.

EXCURSIÓN A SAN CIBRAO NAS II XORNADAS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

 O pasado 25 de setembro o alumnado de Primaria do colexio realizou unha saída ao Polideportivo de San Cibrao co fin de presenciar e participar en distintas actividades encamiñadas a previr e a actuar en caso de incendio. Tamén puideron observar distintos materiais e obxectos empregados para axudar e salvar á xente en caso de perigo. Todos os asistentes foron agasallados cun estupendo casco de bombeiro!

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

Recordámosvos que está aberto o prazo de admisión de alumnado do 1 ao 20 de Marzo para o pŕoximo curso 2018-2019.

 

 

CHARLA DE XESÚS DE BREOGÁN: "FOZ ONTE, FOZ HOXE".

   O pasado martes 16 de xaneiro, Xesús de Breogán veu dar unha charla ós alumnos-as de 4º e 5º de Primaria sobre os cambios que experimentou a nosa vila (edificios, rúas, praias...) co paso do tempo.

   Unha vez máis, GRAZAS XESÚS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut