Skip to Content

EXCURSIÓN A CORUÑA DOS ALUMNOS-AS DE 3º E 4º.

Os alumnos de 3º e 4º de primaria realizaron unha excursión a Coruña o pasado 22 de xaneiro. Primeiro visitamos o Domus onde fixemos moitísimas actividades interactivas. Despois fomos ó Acuario Finisterrae onde un monitor nos explicou interesantísimas cousas sobre os peixes, o Nautilus, o tiburón Gastón e as focas...

                               PASÁMOLO XENIAL!

GAÑADORES DO XLIV CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DE BEGONTE.

   Un ano máis temos gañadores no Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal de Begonte no noso Centro. E,nesta ocasión, nada máis e nada menos que tres.

   En 4º curso o primeiro premio da categoría A é para Gael Álvarez Río e o segundo para Selena Teijeiro Vázquez.  En 6º curso o primeiro premio da categoría B é para Irene Fernández Martínez.

   A entrega de premios será no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte o sábado 25 de xaneiro ás 5 do serán.

        PARABÉNS AOS GAÑADORES!

ESPAZO COEDUCATIVO NO CANTEL!!

Durante o Nadal decidimos darlle unha nova imaxe ao patio cuberto do colexio e aproveitamos para facelo realidade!!

Esperamos que o alumnado disfrute moito do novo espazo coeducativo!! A xogar!!

 

TAPÓNS SOLIDARIOS

Como xa sabedes, dende fai un días o noso cole converteuse en punto de recollida de tapóns para causas solidarias.

      

Agradecemos a vosa colaboración, pero recordade que non todo vale, só os obxectos que vos enviamos na lista. Na seguinte foto podedes ver o que recollemos. Moitas grazas!

CHARLA DO CLUBE DE ATLETISMO

Fai unhas semanas tivemos no cole unha charla do clube de Atletismo Ría de Foz.

            

Contáronnos un montón de cousiñas interesantes sobre as distintas disciplinas que alí se practican, e, coma sempre, animáronnos a probar calquera delas pasando a velos polas súas instalacións.

         

Tamén nos regalaron algunha camisetas aos que mellor contestaron ás súas preguntas.

Moitas gracias por vir a visitarnos!

Distribuir contido


by Dr. Radut