Skip to Content

RECURSOS EDUCACIÓN FÍSICA

No documento adxunto tedes varios recursos para a área de Educación Física.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 6º

Estimadas familias e colaboradores:

Ante a situación actual motivada polo estado de alarma no que nos atopamos vémonos na obriga de aprazar de forma indefinida todo o relacionado coa excursión de fin de curso que se iba a celebrar do  27 ao 29 de Maio de 2020.

O sorteo das cestas que se fixeron grazas á colaboración do CCAFOZ e dos comerciantes da vila e vilas limítrofes e que estaba previsto para o 13 de Abril de 2020, queda tamén aprazado ata novo aviso.

Conservade as rifas, xa que o sorteo se vai a realizar en canto as circunstancias o permitan (serán válidas aínda que apareza como data de sorteo o 13 de Abril de 2020).

Queda pendente tamén a realización ou non da excursión en función de como vaian evolucinando as medidas do Goberno. De todas formas os cartos recadados irán sempre destinados a unha celebración de fin de curso para o alumnado de 6º na data en que sexa posible.

Moitas grazas a todos/as pola vosa comprensión.

Un saúdo

A organización

IMPORTANTE: AXUDAS COMEDOR ESCOLAR COVID-19

A Consellería de Educación vai a publicar unha orde que contempla axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19. Vai dirixido ás familias que ostentan a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.

É dicir, poderán solicitar estas axudas tan só aquelas familias, usuarias do comedor, que durante o curso escolar pagan 0€ ou 1€ polo servizo.

Axudas que se van percibir: Nos casos de alumnado con gratuidade total: 2,50€. Para o alumnado que paga 1€: 1,50€

Esta axuda cubrirá os seguintes períodos:Marzo: dende o 16 ata o 31 (11 días lectivos). Abril: dende o 1 ata o 3 (3 días lectivos). Si se prolongase outros 15 días cubriría os días lectivos ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

SOLICITUDES: dendo o 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos inclusive.

PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para isto deberán enviar un correo electrónico a ceip.ocantel@edu.xunta.es cos seguintes datos:

  • Nome , apelidos e DNI ou NIE do pai/nai ou titor

  • Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (é dicir, se pagades un ou cero euros)
  • Nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
  • Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda. (tede en conta que sexa conta IBAN, cos vintecatro díxitos)

Estas solicitudes tramitaranse no centro dende o martes 31 ata o venres 3 de abril.

É importante que enviedes os datos á maior brevidade posible, por se fose necesario contactar con vós para algunha cuestión. Asegurádevos que incluídes todos os datos indicados.

No asunto do correo, por favor, escribide, Axudas comedor Covid-19, para poder identificalos dun xeito claro.

Distribuir contido


by Dr. Radut