Skip to Content

Recomendación: APP abalarMóbil

A dirección do centro recomenda que as familias dispoñan da APP abalarMóbil no seu smartphone para poder ter acceso ás notificacións e información educativa dos seus fillos e fillas.

Poñemos á vosa disposición unha guía para que vos sirva de axuda no proceso, se fose necesario.

O contacto co Equipo Directivo do centro poderá facerse a través dos seguintes medios:

  • E-mail: ceip.ocantel@edu.xunta.es
  • Teléfonos: 982.870.314 e 982.870.315 (polas mañás)

Contidos educativos a través da CRTVG

A CRTVG emitirá de luns a venres, pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos.

En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a  iniciativa busca facilitar un complemento educativo aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino.

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos?_tcode=bHExNWQy

Materiais para traballar na casa

Tendo en conta os acontecementos destes últimos días e as instrucións recibidas por parte da Consellería de Educación e Formación Profesional, a través desta páxina iremos propoñéndovos actividades para realizar na casa.

Pregamos que difundades este aviso entre todas as familias.

Clicade en adxuntospara poder ver os documentos.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimadas familias,

infórmase a toda a comunidade educativa que está aberto o prazo de ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS dende o 1 ao 20 de marzo ambos inclusive.

Documentación a presentar:

- Impreso de solicitude debidamente cuberto (pódese recoller no centro).

- Fotocopia do DNI do alumno/a solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

- Fotocopia do Libro de familia.

- Certificado de empadroamento.

Podedes ampliar información na páxina da consellería, no Portal das familias e en Admisión de alumnado.

Un saúdo

Igualdade

Ao  longo do que vai de curso tivemos algunhas actividades relacionadas co tema da  igualdade.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos contacontos que pasaron polo centro:

A XANELA DO MAXÍN

  

CONTOS PARA A IGUALDADE

  

Distribuir contido


by Dr. Radut