Skip to Content

DAVID VAL: UN CICLISTA EXTRAORDINARIO.

   O venres 17 de novembro recibimos no noso cole a visita deste veciño de Foz, que nos relatou a súa viaxe en bici por vinte países de varios continentes en trece meses.

   Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de E. Primaria escoitaron marabillados as súas aventuras, viron fotos e ata trouxo ao cole á outra protagonista"quiscolina", a súper bici que o levou por tantos lugares.

CHARLA DE XESÚS DE BREOGÁN:LUGARES DE INTERESE EN FOZ.

 

   Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron á charla impartida por Xesús de Breogán sobre lugares emblemáticos de Foz e as súas parroquias.

   Xesús amosounos imaxes destes lugares que servirán para inspirarse para o calendario escolar que elaboramos tódolos anos.

 

                 GRAZAS XESÚS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut