Skip to Content

EXCURSIÓN DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA

  O pasado día 22 de maio os alumnos-as de 3º e 4º de E. Primaria realizaron unha excursión ao Museo da Minería en El Entrego (Asturias) e ao Museo do Ferrocarril de Gijón.

   No Museo da Minería vivimos a experiencia de ser mineiro por uns minutos dentro da mina, vimos os utensilios que usaban e montamos nunha noria que sacaba auga.

   No Museo do Ferrocarril a guía ensinounos trens, tranvías e locomotoras de distintas épocas, algúns de carbón, outros eléctricos e outros de gasolina. Nalgúns puidemos subir e apreciar que non sempre foron tan cómodos como os de agora.

 



page | by Dr. Radut