Actividades complementarias
DÍA DO LIBRO 2020. O Principiño
E chegou o 23 de Abril Día do libro.
Este ano o festexo será diferente.
Neste día tan especial para a comunidade educativa e no que temos tan presente a lectura quixemos ler para todos e todas vós.
Este ano queremos dedicarllo a un libro que cumpre neste mes de abril 77 anos dende a súa aparición. É unha das obras máis destacadas do século pasado, un clásico para nenas e adultos: ‘O Principiño’. Por iso a pesares deste confinamento e aproveitando as tecnoloxías queremos ler os fragmentos máis significativos do libro.
Para iso buscamos grandes lectores e lectoras. Atopámolos entre as familias rexistradas como usuarias da nosa biblioteca e entre os mestres do cole.
O Principiño (I parte)
O Principiño (II parte)
REMATE DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2013 - 2014
FESTIVAL DE NADAL
Co belén ao fondo do salón, coas paredes ateigadas de postais de Nadal feitas polos alumnos e alumnas do Centro, co salón ateigado de mamás, papás, avós, avoas, tíos..., tivo lugar, coma todos os anos o festival de Nadal, que se os houbo lucidos, o deste ano non lle desmerece a ningún.
Nenos e maiores puideron disfrutar de representacións teatrais, bailes, escenificación de festas, narración de contos... de todo o que se pode ofrecer nun festival.
Os nenos e mestres, a pesares de que contaron con pouco tempo para ensaios, demostraron as ganas e a capacidade de argallar un festival variado e de calidade.
3 anos 4 - 5 anos
1º de Primaria 2º de Primaria
3º de Primaria 4º de Primaria
5º de Primaria 6º de Primaria
6º de Primaria
Co Festival e a entrega das cualificacións rematou o primeiro trimestre do curso.
BOAS FESTAS A TODOS.
Para ver máis fotografías vaia á galería.
FESTA DO DEPORTE 2013
O día 7 de xuño, no pavillón de Tenorio, tivo lugar a FESTA DO DEPORTE do curso 2012-2013.
Os nenos e nenas dos centros participantes nas distintas competicións durante todo o curso escolar ( Cerdedo, Soutelo de Montes, Ponte Caldelas, A Reigosa, Cotobade, Tenorio), recolleron os merecidos premios en forma de medallas e trofeos.
Foi un día de xuntanza, no que nenos e nenas lembraron detalles das distintas competencias realizadas durante o curso.
ENTROIDO 2013
Chegaron os entroidos e con eles a troula, o pasalo ben, o facer actividades propias deste tempo...
Comezamos o 31 de xaneiro, no que celebramos, durante o recreo, o xoves de comadres. As nenas trouxeron ao colexio uns bonecos feitos de papel. A unha orde dos profes e, por cursos, os nenos perseguronan ás nenas ata pillalas; unha vez pilladas rompíanlles os bonecos. Foron indultados os bonecos da última nena en conservala.
DÍA DA PAZ 2013
Chegou o 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Xa durante a semana, os alumnos e alumnas, dirixidos polos seus mestres e mestras foron facendo actividades referentes ao tema. Lecturas, murais, que se expuxeron no salón de actos, actividades do equipo de normalización, actividades sobre a poesía de Gloria Fuertes, cancións, vídeos...
O día 30, pola tarde reunímonos todos no salón de actos onde desenvolvemos todas as actividades preparadas durante a semana.