DÍA DA PAZ 2013

Chegou o 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Xa durante a semana, os alumnos e alumnas, dirixidos polos seus mestres e mestras foron facendo actividades referentes ao tema. Lecturas, murais, que se expuxeron no salón de actos, actividades do equipo de normalización, actividades sobre a poesía de Gloria Fuertes, cancións, vídeos...

O día 30, pola tarde reunímonos todos no salón de actos onde desenvolvemos todas as actividades preparadas durante  a semana.

O cadro "Guernica" de Pablo Picasso, presidía o salón, así como un muíño de vento. Para que sería?

Fóronse desenvolvendo as actividades: Os de 6º explicaron o significado dos distintos elementos que conforman o GUERNICA, así como palabras sobre a paz ditas por persoeiros que recibiron o Nobel da Paz: Gandhi, O Dalai Lama, A madre Teresa de Calcuta, Martin Luther King...; os de 5º recitaron unha poesía, os de 3º e 4º outra. Xa cerca do final, os nenos e nenas de todo o centro interpretaron a canción "Solo con tres letras".

 

 

E xa para rematar, cada neno colocou nos brazos do muíño de vento, unha mensaxe de paz, sendo agasallados con galletas con formas de corazón, pombas, ...polos nenos de 5 anos, que durante a mañá as elaboraron para a ocasión.

Que reine a paz entre todos!

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario