EXPOSICIÓN "ONDE VIVIMOS?"
Como traballos de investigación dentro das actividades de biblioteca, durante o curso 2011-2012, todos os cursos do Centro, guiados e asesorados polos mestres e mestras do colexio, realizaron distintas actividades para desenvolver eses traballos: actividades de pescuda, de fotografía, de busca de datos en soportes variados (escritos, informáticos, ...), para as que contaron en múltiples ocasións coa colaboración das súas familias, sen as que sería imposible realizalas.
Despois dun traballo intenso saíron ao aire. Unha vez que estiveron rematados cada curso expuxo o seu traballo, no salón de actos do Centro, exposicións das que vos invito a ver unhas poucas fotos.
Pero non se detivo ahí a cousa. Unha vez rematado o curso, no mes de xullo, argallouse unha exposición no Concello (ao que lle agradecemos a súa colaboración), con todos os traballos realizados. A exposición foi inaugurada o día 20 de xullo, coa asistencia da alcaldesa, Dna. Belén Cachafeiro, mestres e mestras do Centro, pais e nais de alumnos e alumnas, estes mesmos, e demais persoas interesadas nos temas culturais. A exposición tivo unha semana de duración, tempo no que pasou numeroso público para admirar o bo facer dos cativos do CEIP Nosa Sra. das Dores.
AS FOTOS EN PRÓXIMOS DÍAS