REAPERTURA DA BIBLIOTECA
Por fin chegou o día agardado!
O luns, 28 de febreiro, celebramos por todo o alto a reapertura da biblioteca do centro.
Despois de traballar arreo, a mestra Vanessa e o seu equipo de biblioteca, puideron por fin dar o pistoletazo de saída. Despois de mercar novo material de lectura, catalogalo, facer carnés de socios,novos mobles, novo material informático, ... Despois de que o Concello de Forcarei, colaborase a través do obradoiro de carpintería e nos puxese tarima flotante no solo e que construíse algún moble.
Despois diso e de moito máis traballo, celebramos a reapertura:
- Durante toda a mañá, de forma ordenada, foron asistindo á biblioteca os nenos e nenas dos distintos cursos para explicarlles as novas normas e o funcionamento da biblioteca; déronselle os carnés e aos de 6º de primaria, ademais, encargóuselles de controlar a biblioteca, coa supervisión dun mestre de garda.
- Na hora do recreo, alumn@s e mestres/as puidemos degustar uns bocadiños que o equipo da biblioteca tiña preparados ao efecto.
- Pola tarde, primeiro os nen@s de infantil e primeiro ciclo de primaria e, a continuación, os do segundo e terceiro ciclo, puideron asistir a actuación dun contacontos enviado por algunhas editoriais, que fixo as delicias dos nen@s coas súas historias.
Agardamos que o esforzo posto na tarefa sirva para que nenos e nenas disfruten con todo o que a biblioteca conta. Que aprendan, que se informen, pero pasándoo ben; esa é a idea con que todos acometemos a obra.
A DISFRUTAR DELA!