Skip to main content

ALUMNADO EMPODERADO

PROGRAMANDO #Ciencia #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado programa aos robots creados para realizar diversos

movementos, xiros... experimentan e varian as diversas ordes

para ver que efecto teñen no robot.

Aprender gozando coa tecnoloxía, brindando un bo uso dela.

 

 

 

 

 

LIMPEZA DA PRAIA #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Green Club, do Ceip Nicolás del Río, únese á proposta

da Asociación Arce (Amigos dos Ríos), o Museo Mares de Cedeira

e o Concello de Cedeira na xornada de limpeza da praia da Magdalena.

Será o domingo 14 de xaneiro a partir das 11:00 da mañán,

e só compre traer roupa e calzado axeitado. Para o alumnado que desexe

participar teremos unha tirada de petos e luvas do Green Club

(serán recollidos ao rematar a xornada).

Engadir que esta proposta Arce xa a tiña programada antes da chegada

desta "marea plástica" que nos asolaga, polo que agora, aínda máis compre aunar esforzos!

Clica na ligazón para informarnos máis polo miúdo nunha publicación do

naturalista Rafael López Loureiro, do seu blog "Ao Noroeste, do Noroeste".

 

 

 

 

 

 

 

LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións,

monta e programa con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

ESTAMOS DE PARABÉNS! PREMIO PROXECTO "NATURALmente, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Orgullo das nosas xentes, da nosa flora, fauna, paisaxes!

Gracias a todas e todos os que sementastes neste proxecto,

moita xente pasou pola biblioteca, pola escola, polos roteiros...

unha vila ollou a natureza, escoitouna, mimouna, observouna.

Grandes e pequenos, todos xuntos aprendemos a mirar.

Hoxe estamos de parabéns! Saimos premiados no

IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados

ou co apoio da biblioteca escolar.

 

 

Recordade seguir observando. Deixamos unha entrada do blog

"Ao Noroeste, do Noroeste" de Rafael López Loureiro, de seguro vos vai gustar.

 

 

 

INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes

da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades

coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen

reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente.

As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos

unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta?

Estas son as da nosa rapazada!

Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura,

paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade,

crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.

 

 

 

 

 

ÁRBORE DE NADAL CON REFUGALLOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A creatividade non ten límites! Uns paos, anaquiños de teas,

arames sobrantes e moreas de imaxinacións.

Adobíos para as celebracións! Bo Nadal!

 

 

 

 

 

 

XI Foro da Infancia Unicef - CLIA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un grupo representativo do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Cedeira

participou, o martes 28, no XI Foro da Infancia Unicef que se desenvolveu no

Parlamento de Galicia, no que tamén tomaron a palabra integrantes

doutros once municipios que contan con este organismo de participación.

Foi unha experiencia fermosa, na que a voz da rapaza se escoitou alta e clara.

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMANDO CON SCRATCH #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

O alumnado de 5ºA, nas sesións do proxecto competencial,

aprenden a programar con Scratch . Comezan cos fondos, son,

escoller personaxes e aprenden a deseñar un código para que as

personaxes realicen as accións que lles encomendan. Esta linguaxe

de programación é moi interesante, pois as habiblidades que o alumnado

adquire, posteriormente pódense aplicar a outras

linguaxes de programación como Python ou Java.

 

 

 

CONCELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA - PRESENTACIÓN #ConcellodeCedeira #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A rapazada do CLÍA asiste a un pleno do Consello para facer a súa

presentación e expresar a necesidade de formar parte deste consello.

Nen@s e moz@s teñen pleno dereito a expresar as súas opinións,

sempre dun xeito respectuoso, sobre asuntos que lles afectan.

O CLÍA é un órgano de comunicación entre a rapazada e o Concello,

un órgano onde trasladar opinións, necesidades,

inquedanzas á corporación municipal e viceversa.

Este é o 2º curso dun proceso que durará catro para instaurarse totalmente.

Non vos perdades as súas intervencións. Nós estamos orgullosos da infancia e

adolescencia que representa a toda a rapazada.

Teñen as cousas claras e moito que aportar!

Consello da Infancia e Adolescencia

 

 

 

 

XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias,

os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron

a praia da Magdalena e os seus arredores

onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.

 

 

 

 

TRUE TRUE ROBÓTICA #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das

actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía

leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante,

iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de

secuencias de programación.

Nesta ocasión sobre a Prehistoria.

 

 

 

 

 

PISANDO O ESCENARIO CON TRES ANOS! TEATRO #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ser pequeno non é un inconvinte para pisar forte.

O alumnado de tres anos deleitounos coas seguintes

cancións dramatizadas:"A vaca Lola", "El cocodrilo se metió

en la cueva", "Yo tengo una casita" y "El cocodrilo Dante".

Todo isto na aula de teatro da escola! Arte, expresión corporal,

ritmo, música e ilusión a raudales!

Mil parabéns rapazada!! Sodes inmens@s!

 

 

 

 

 

PROCESO NA OBRA - A PRINCESA DO COUREL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5 anos B leva xa varias representacións de

"A princesa do Courel", unha rapazada pequecha pero moi grande en

expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios, ensaios...

e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario  (amosando que saben

ser responsables e ordeados coa súa roupa) facendo e repartindo as invitacións

e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro.

Éxito asegurado! Parabéns rapazada!




 

 

 

 

 

 


PREMIO AO VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ledos de compartir coa comunidade educativa a noticia

de que o voluntariado escolar resultou premiado

pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Moitos parabéns rapazada!

Sodes inmensos!

 

 

 

 

 

 

 

CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro.

Da gusto velos, canto poderío!

 

 

 

 

 

Distribuir contido