Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE

O espazo

ENTROIDO 2015

Este ano, tivemos que organizar o Entroido Escolar dentro do centro, xa que as condicións meteorolóxicas foron adversas. O tema elexido foi "estilos musicais". Dende o centro queremos dar as gracias:

  • Ao Concello, por prestarnos o escenario e as vallas.
  • A protección civil, por axudarnos na seguridade.
  • Ás familias, pola súa actitude positiva e participativa durante o desfile, que facilitou moito unha boa organización. e tamén a todos e todas os que nos axudaron a facer os disfraces.
  • Ao alumnado do centro, que tivo un comportamento exemplar.
  • Ao noso equipo docente polo gran traballo neste Entroido.
  • A Rebeca Garrote e María, pola axuda e apoio de xeito voluntario.
  • Á charanga MekaniKa, pola animación e profesionalidade que mostraron durante toda a xornada.

MELLORAS NO CENTRO

O noso patio de area xa está en condicións óptimas polo que o equipo directivo do centro decidiu facer a súa reapertura. O Concello de Cedeira cumpliu todas as demandas que se fixeron dende o colexio e dende o Consello Escolar. Todo o valado foi sustituído, os piñeiros talados representaban unha ameaza polo seu estado e a excesiva proximidade ao centro, xa queda solucionado o tema da procesionaria, e toda a area foi sometida a un proceso de limpeza e nivelación. A partir de agora, o patio de area será un espazo máis no recreo para xogar pero sempre de xeito opcional para os nenos e nenas que así o queiran.

Froita na escola en 3ºB

 Preme na imaxe para ver o traballo dos nenos e nenas de 3ºB.

O NOSO COMEDOR

Neste curso escolar, como xa anunciamos, apostamos nos nosos menús polo peixe fresco, e temos que agradecer a Pescadería Sara, a labor social que fai para o colexio, xa que suministra o peixe de calidade, fileteado e sen espiñas, a un prezo moi económico, e listo para que a nosa cociñeira Ángeles faga uns menús axeitados para levar a cabo unha dieta rica e equilibrada. Ademais, a Pescadería Sara, aportou gratuitamente 14-15 kilos de percebes para os nenos e nenas do comedor. Aínda que houbo algún que so os probou, a maioría desfrutou deste menú tan cedeirés.

Actores por un día

DÍA DA PAZ 2015

MENÚ FEBREIRO

Apertura da nova biblioteca

SEMANA DA FROITA

HORARIO

O horario lectivo do Ceip Nicolás del Río é de 8:55 a 13:55 horas.

O horario de atención ao público en secretaría é de 9:00 a 13:00

Horario comedor: 14h a 15h.

Horario de titorías : este curso tendo en conta o protocolo Covid19 as titorías serán vía telefónica. Teléfono do centro: 881930091.

Actividades extraescolares: este curso non haberá actividades extraescolares.

 

 
What do you want to do ?

New mail

MENÚ XANEIRO

NADAL 2014

FLASHMOB NO RECREO

MENÚ DECEMBRO

Neste curso 2014/15, no comedor escolar do CEIP NICOLÁS DEL RÍO, pretendemos mellorar a calidade dos nosos menús introducindo PEIXE FRESCO. O noso centro pertence a unha vila mariñeira, e consideramos o noso deber de incluir peixe fresco no menú do noso comedor. Nos menús mensuais, aparecerá peixe fresco, pero non podemos concretar que tipo de peixe será xa que dependerá da dispoñibilidade e dos precios do mercado. Deste xeito, peixes como as xardas, xurelos, merluza, lirios, linguado, rape, maragota, bacallao, pescadilla, bonito, .... terán un gran protagonismo na dieta ofertada polo centro. Este peixe será suministrado sen espiñas e preparado para que as nosas cociñeiras fagan diferentes receitas que esperamos que lles gusten aos nosos comensais.

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O MENÚ DE DECEMBRO

SANTOÑA (CANTABRIA), 24/03/09.- La flota de cerco de Santoña se ha impuesto hoy un recorte de un tercio en las capturas del verdel para tratar de reducir la ofera y reactivar el precio en un mercado que esta saturado. Pesqueros de Guipuzcoa, Cantabria y Galicia han descargado hoy en la lonja de Santoña alrededor de 500.000 kilos. EFE/Esteban Cobo

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

O Plan Director da Garda Civil trouxo ao noso centro unhas charlas educativas para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Os temas tratados foron varios, dende os riscos no uso das novas tecnoloxías e internet, o acoso e ciberacoso, redes sociais, etc....

RECÓRDASE A CHARLA PARA AS FAMILIAS:

"RISCOS E SEGURIDADE NA UTILIZACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E INTERNET"

XOVES 27 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS NA AULA 16 DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO

NOVAS PORTERÍAS NO AREAL

Unha vez retiradas as porterías deterioradas do Areal, o Concello de Cedeira fíxose cargo da concesión de dúas porterías para o noso centro.

Gran actuación de "daboapipa" no Auditorio Municipal

O grupo "daboapipa" actuou, o xoves 20 de novembro, co motivo do "DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA", no Auditorio de Cedeira para todo o alumnado do Ceip Nicolás del Río. A actividade organizada pola A.N.P.A Picapeixe e o Ceip Nicolás del Río tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado. Dende o centro, destacamos o excelente comportamento do noso alumnado durante toda a actividade, o agradecemento a policía local e ao Concello de Cedeira e a calidade e profesionalidade do grupo "daboapipa" que nos deixou gratamente sorprendidos coa actuación.

NOVO SORTEO CESTA EXCURSIÓN A EZCARAY

Debido a que no sorteo anterior non apareceu no prazo de 10 días a persoa co número 0086, voltamos a facer un último sorteo o martes 18 de novembro ás 16:00 horas na aula 16 do Ceip Nicolás del Río. Recórdase que o premio era unha cesta de 200 euros no Gadis de Cedeira. Sorte.

Distribuir contido


by Dr. Radut