O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de nova matrícula abranguerá dende o 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
- Alumnos que empezan en 3 anos.
- Alumnos novos procedentes doutros centros.
Descargar impresos e documentación a presentar
IMPORTANTE:
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
De constatarse no expediente a separación ou divorcio dos proxenitores coa patria potestade compartida e a existencia dunha soa sinatura na solicitude, deberase requirir o/á proxenitor/a que a presentou que subsane a deficiencia ou, se é o caso, xustifique o motivo da omisión por calquera medio de proba admitido en dereito.
De existir una discrepancia formulada expresamente por escrito polo/a proxenitor/a non asistente, non se paralizará o expediente, sen prexuízo de que os feitos se poñan en coñecemento da xefatura territorial para o seu traslado, se é o caso, ao Ministerio Fiscal.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES ADMISIÓN 2015/16: 1 ao 20 de Marzo de 2015