Skip to Content

MENÚ COMEDOR

LEMBRAMOS QUE ESTE MÉRCORES DÍA 11 COMEZA O COMEDOR ESCOLAR. AS QUENDAS E HORARIOS SON

  • 1ª QUENDA. SAÍDA ÁS 14:20--> INFANTIL, 1º,2º,3º EP
  • 2ª QUENDA. SAÍDA ÁS 14:50--> 4º,5º,6º EP

 

LISTAXE DE MATERIAIS POR NIVEIS

LISTAXES DE MATERIAL PARA OS CURSOS 1º,2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

AVISO IMPORTANTE REUNIÓN 3º DE PRIMARIA COAS TITORAS

Por razón alleas ao centro, a reunión de 3º de primaria prevista para mañá queda postposta para o venres 6 ás 10:00h. Desculpade as molestias.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE PRINCIPIO DE CURSO

As reunións das titoras e titores de principio de curso, coas familias para o curso 2024-2025 quedan da seguinte maneira:

 Martes 3/09/24:  Reunión 1º de educación primaria ás 11:00h.

 

Mércores 4/09/24:Reunión 2º de educación primaria ás 11:00h.

                               Reunión 4º de educación primaria ás 12:00h.

                               Reunión 6º de educación primaria ás 13:00h.

 

Xoves 5/09/24:     Reunión 3º de educación primaria ás 12:00h.

                               Reunión 5º de educación primaria ás 13:00h.

 

Venres 6/09/24:    Reunión 4º de educación infantil  ás 11:00h.

                               Reunión 5º de educación infantil ás 12:00h.

                               Reunión 6º de educación infantil ás 13:00h.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025

Xa está dispoñible na secretaría do centro a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO no servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024-2025.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ES COLAR CURSO 2024-2025

XA ESTÁ DISPOÑIBLE NA SECRETARÍA DO CENTRO A LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.

AVISO DA "ANPA PICAPEIXE"- SERVIZO DE MADRUGADORES

Para o próximo curso 2024/2025, a ANPA Picapeixe seguirá ofertando o servizo de madrugadores. Tanto familias xa usuarias como as de nova incorporación, poden poñerse en contacto coa Asociación a través das seguintes canles:

Teléfono e WhatsApp:
624 61 13 86
Correo electrónico:
anpapicapeixe@gmail.com 

 

PRAZOS DE XULLO

PRAZOS DO MES DE XULLO CON RESPECTO AO COMEDOR, TRANSPORTE ESCOLAR E RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO.

NOVAS MATRÍCULAS CURSO 24-25

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DENDE HOXE DÍA 20 DE XUÑO AO 30 DE XUÑO. PODEDES PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO POLOS IMPRESOS.

APERTURA PRAZO COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE DENDE HOXE DÍA 17 DE XUÑO ATA LUNS 8 DE XULLO.

INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025

PARA COMEDOR CUBRIR:

-ANEXO II (dispoñible no documento adxunto).

-SOLICITUDE COMEDOR 2425 (documento adxunto)

PRAZO PARA SOLICITUDE COLABORADORES DE COMEDOR: DENDE 25 DE XUÑO AO 1 DE SETEMBRO (ANEXO IV)

 

 

Letras Galegas 2024 #bescolaresgal #ConcellodeCedeira #letrasgalegas2024 #LuisaVillalta #bescolaresgalabertas

LETRAS GALEGAS 2024

Literarrúa 2024.

Víchedes algún cartel novo polas rúas de Cedeira?

O concello de Cedeira ofreceunos encher a Vila de versos galegos relacionados cos nomes das rúas e claro que quixemos participar nesta iniciativa. Aquí deixamos o vídeo do noso traballo. 

 

 

Onte, fomos ao auditorio a seguir conmemorando as Letras Galegas cunha actividade moi lúdica e creativa. Os rapaces do Correo do Vento, ensináronnos cancións, moitas palabras divertidas e sobre todo... ensináronnos a debuxar a Luisa Villalata.

 

 

 

 

 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial para o curso escolar 2024/25.

Prazo do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

Tamén poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na seguinte ligazón tedes toda a información  Orde do 7 de maio

 

Spring Week 2024

O alumnado de sexto participante no "Spring Week" gozou dunha semana de inmersión lingüística en Mondariz. Trátase dun programa da Consellería de Educación que ten como obxectivos a estimulación práctica e oral da lingua inglesa e o seu emprego en contextos comunicativos máis amplios, con apoio de profesorado nativo en lingua inglesa e a realización de actividades de interés cultural, social, artístico e medioambietal. Ademáis, potencia o desenvolvemento da autonomía e o fomento da convivencia con outros nenos e nenas. Unha semana chea de novas experiencias para sumar ao seu paso pola etapa de educación primaria.

 

 

Teatro Musical

O alumnado de 3º interpretou unha adaptación do libro "Gotas de cores".  Xurdiu como ocorren as mellores ideas, a demanda do alumnado tras ler e escoitar o conto.  Esta xornada de Teatro Musical foi o broche final para despedirnos de Alba Iglesias, alumna de prácticas de maxisterio, quen se implicou de cheo nesta e noutras actividades de centro. Tiñamos poucas sesións por diante para preparala, pero fíxose con moito agarimo e coa participación esencial de Alba.

Con esta historia viaxamos por diferentes países do mundo, aprendendo os seus bailes típicos e os ríos máis importantes para axudar a devolver a auga a Madagascar. Nestes enlaces podedes ver as actuacións de cada clase no Teatro da nosa escola.

CLIC 3ºA     CLIC 3ºB      CLIC 3ºC

XI FEIRA DOS LIBROS

XI FEIRA DOS LIBROS

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024/2025

A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024/2025 ATÓPASE NO TABOLEIRO DA SECRETARÍA DO CENTRO.

SPRING WEEK 2024

Atendendo á  Resolución 8 de febreiro  ,publícase a listaxe de alumnado admitido na Spring Week 2024.

 

MENÚ PRIMAVERA

MENÚ PRIMAVERA
Distribuir contido


by Dr. Radut