Responder ó comentario
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 24/25
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial para o curso escolar 2024/25.
Prazo do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Tamén poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Na seguinte ligazón tedes toda a información Orde do 7 de maio