Entendendo que cada un de nós é únic@ e diferente, no Ceip Nicolás del Río quixemos poñernos na pel das persoas con discapacidade practicando xogos coma “Don Preguntón”, a galiña cega ou deportes paraolímpicos como é o Boccia ou o Goalball porque… a diversidade somos tod@s!
Ademáis dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, adquíronse 20 exemplares do Libro "Plan de Rescate", que trata o tema da discapacidade. Coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, tivemos a sorte de conversar con Antía Yáñez, autora do libro. A rapazada de sexto mostrou un grande interese coa visita da autora, facendo moitas preguntas sobre a temática do libro e tamén sobre os pasos de Antía como escritora. A actividade levouse a cabo na nosa Biblioteca Escolar, quedando todos os libros asinados pola autora!!!
Nas clases de Educación Física tivemos a sorte de recibir as visitas das monitoras de baile moderno e zumba, Esther e Ivana, coas que bailaron en varias sesións de clase. Moitas gracias a Ivana e Esther pola súa colaboración!!!
Comezou o torneo de xadrez nos recreos, coa axuda do mellor xogador cedeirés , Juan Caneiro, que imparte a actividade extraescolar de xadrez no colexio, e acude nos recreos para apoiar aos nenos e nenas neste deporte tan complexo.
Antón e Borja de 6ºB, foron os gañadores do torneo de futbolín nos recreos, que tivo unha participación de máis de 150 nenos e nenas. A final foi moi disputada, contra Marcos e Raúl, pero o resultado final foi de 5-4 para os gañadores.
Desde a dirección do Centro infórmase que seguindo a Lei de Protección de datos e a Lei do Menor queda prohibido empregar os recursos audiovisuais, tales como imaxes e videos, para publicar e difundir en redes sociais.
Comezamos este curso en 5º e 6º de Educación Primaria coa unidade didáctica: "XOGAMOS AO BALONCESTO". Todas as clases asistiron a algunha sesión no polideportivo, e os nenos e nenas de 6ºA tiveron o privilexio de recibir unha clase maxistral de Pablo Moreda, ex-xogador de baloncesto. Preme na imaxe para ver algunhas fotos.
Actividade de piragüismo para 5º de Educación Primaria, enmarcada dentro dos Xogos Mariñeiros organizados polo ANPA Picapeixe. Os nenos e nenas participaron nesta actividade dunha forma moi satisfactoria coa axuda e vixiancia de Salvamento Marítimo. Houbo medallas e un vale de compra de 5 euros en Decatlon para os que participaron. Preme na imaxe para ver as fotos.
Dende Educación Física organizamos torneos e campionatos de fútbol, brilé,.... no patio do Areal, para 3º e 4º de Educación Primaria. Tamén para 5º e 6º estamos facendo un torneo de futbolín que está tendo moito éxito.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistiron ao polideportivo municipal en varias ocasións para practicar deportes coma o baloncesto, futbol sala e neste caso para xogar ao Badminton. Dende o centro agradecemos ao Concello e aos traballadores do polideportivo a colaboración e apoio para poder impartir as clases de educación física cando o consideremos oportuno.
O luns 7 de abril os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria participaron nunha xornada de "Xogando ao Atletismo", organizada pola Xunta, no polideportivo de Moeche. Tamén asistiron outros colexios da zona.