NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO CON DEREITO A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Orde do 6 de novembro de 2020 polo que se regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e secundaria (Publicadano DOG do 13/11/2020). ED330E
O prazo de solicitudes estará aberto durante 10 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación (data límite de presentación o 27 de novembro)
As solicitudes están a vosa disposición neste enlace, no centro e na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)
Documentación a presentar no centro:
1- Anexo I
2- Anexo II (comprobación de datos)
3- Copia do libro de familia
4- Copia da sentencia de divorcio (de ser o caso)
5- Copia do grao de discapacidade se é dun órgano distinto da Xunta de Galicia (de ser o caso)
6- Copia da documentación xustificativa da violencia de xénero (de ser o caso)
Alumnado destinatario:
1- O alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21
2- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (como calcular a renda per cápita e as persoas que forman a unidade familiar están establecidas na orde)
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Alumnado exento de presentar a solicitude no centro:
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.