Skip to Content

RESUMO PROTOCOLO COVID19 INICIO DE CURSO

Resumo protocolo Covid19 para o inicio de curso.

Instruccións xerais Educación Infantil

Instruccións xerais para Educación Infantil

FORMACIÓN FAMILIAS AULA VIRTUAL

Aprendemos con videotitoriais a acceder e usar os recursos máis habituais da nosa aula virtual.

Preme aquí ou accede dentro da aula virtual (no menú superior), en curso 2020-21, na sección formación familias.

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

No presente curso, imos facer as seguintes reunións grupais:

 

Reunións coas familias

 

  •      Só un familiar do alumno/a

 

  •       Máscara obrigatoria

 

  •      Desinfectar as mans á entrada

 

Luns 7 de setembro

 

3º A - 11:00 h- entrada por transporte.

3ºB - 12:00 h- entrada por transporte.

3ºC - 13:00 h - entrada por transporte.

 

5ºA - 19:00 h- aula 5ºA (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

5ºB - 19:45 h - aula 5ºB (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

5ºC - 20:30 h - aula 5ºC (1º piso Areal) - entrada pola rúa López Cortón (Feira dos libros)

PROTOCOLO COVID-19 (PROVISIONAL) CEIP NICOLÁS DEL RÍO

En relación ao protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, o equipo COVID do CEIP Nicolás del Río elaborou este plan de adaptación para o noso contexto:

Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021.

Plan de Continxencia do centro educativo.

No caso de producirse novidades, estaremos atentos para informar. Esta primeira versión pretende ser un documento sobre o que poder traballar e realizar achegas e melloras. Calquera membro da comunidade educativa pode realizalas enviando un correo a ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal.

Listados definitivos comedor escolar 2020/21

Publicadas listaxes definitivas de admitivos no comedor escolar no taboleiro de anuncios de secretaría.

Listaxes definitivas das axudas de material e libros de texto.

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro está publicada as listaxes definitivas para axudas de material e libros de texto para o curso 2020/21.

ENTREGA DE VALES LIBROS E MATERIAL: DO 14 AO 20 DE XULLO

HORARIO SECRETARÍA: 10 A 13h

TRANSPORTE ESCOLAR

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO TRANSPORTE ESCOLAR DENDE O 25 DE XUÑO AO 9 DE XULLO

É IMPRESCINDIBLE APORTAR COA SOLICITUDE UN VOLANTE OU CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO DA UNIDADE FAMILIAR

HORARIO PARA ENTREGAR DOCUMENTACIÓN: DE 10:30 A 13:00 H

SOLICITUDE

INTRUCIÓN TRANSPORTE ESCOLAR

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020/2021

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE COMEDOR ESCOLAR DENDE O 25 DE XUÑO AO 9 DE XULLO (AMBOS INCLUSIVE). HORARIO DE 10:30 A 13H.

SOLICITUDE

ANEXO II - AUTODECLARACIÓN RENDA

DECLARACIÓN DO HORARIO SAÍDA DO COMEDOR

INFORMACIÓN RENDA E UNIDADE FAMILIAR

INTRUCIÓN DE COMEDOR

PRAZOS

 

ABERTO TAMÉN O PRAZO DE SOLICITUDES PARA PERSOAL COLABORADOR NO COMEDOR ESCOLAR DENDE O 22 DE XUÑO AO 11 DE SETEMBRO.

As nais, pais, titores/a legal e acolledores familiares do alumnado que desexe colaborar nas tarefas de atención e apoio aos usuarios do comedor poderán apuntarse na lista de admisión que está en SECRETARÍA.

Para anotarse na lista deberán estar en posesión do certificado negativo de delitos sexuais. Modelo que tamén está a vosa disposición na secretaría do centro.

NOVO INGRESO - PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020/2021 NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

A listaxe  do alumnado admitido para o curso 2020/21 en 4º de educación infantil (3 anos) está a vosa disposición no taboleiro de anuncios do colexio (na entrada de secretaría)

Lembrade que o prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo

 

 

Ábrese de novo o prazo de entrega de solicitudes para a reserva de praza no CEIP NICOLÁS DEL RÍO para o curso 2020/2021.

 

O PRAZO ESTARÁ ABERTO DENDE O LUNS 11 ATA O VENRES 15 DE MAIO (AMBOS INCLUSIVE)

 

Poden entregar as solicitudes na secretaría do centro en horario de 11:00 a 13:00 h. 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes estára aberto dende o 1 ata o 20 de marzo

Tede en conta que o 19 e o 20 de marzo o centro está pechado

A solicitude (ED550B) está a vosa disposición nesta páxina, na secretaría do centro ou na aplicación "admisionalumnado"

A solicitude presentarase telemáticamente a través da apliación "admisionalumnado" ou en papel na secretaría do centro

Coa solicitude é obrigatorio presentar un documento acreditativo da idade do alumno

Modelo de solicitude en galego (ED550B)

Modelo de solicitud en castellano (ED550B)

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2019/20 DEBE ESTAR FEITA ANTES DO 7 DE XULLO DE 2020

 

O PRAZO DE SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO DENDE O 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO DE 2020 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes preferiblemente presentaranse telemáticamente mediante:

- Sede Electrónica da Xunta de Galicia (buscando o procedemento ED330B) e hai que ter chave365 ou certificado dixital

- Aplicación "FONDOLIBROS" ( no enlace https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) . Unha vez cargados os datos poden entregalo telemáticamente (con chave365 ou certificado dixital) ou imprimir, asinar e presentar no centro pero xa con un código de solicitude

De non podelo facer telemáticamente poderase presentar na secretaría do centro (ver detalles no apartado "horario")

 

Documentación que pode ser do voso interese:

Anexo I solicitude 

Nota informativa e aclaratoria para pais

Prazos 

Orde de axudas

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

Esta axuda é para compensar os días lectivos que o alumnado tiña que comer no comedor escolar e que pola situación na que nos atopamos non poden facer uso del.

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

 

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 6 de abril (ambos inclusive)

Requisitos para solicitar a axuda:

Alumnado coa condición de usuario gratuito do servizo de comedor

Alumnado coa condición de usuario que pague 1 €/día de servizo de comedor

Forma de presentación:

Telematicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. CÓDIGO DO PROCEDEMENTO – ED601B. Teñen que dispoñer de certificado dixital ou Chave365 .

Soamente as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude por medio do correo electrónico ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 881930091.

Documentación a aportar:

DNI da nai, pai ou titor legal do alumnado

Datos do alumnado

Número de conta bancaria

LISTADO DE APPS EDUCATIVAS RECOMENDADAS

INFORMACIÓN

Estimadas familias, coa crise do coronavirus os centros educativos estarán pechados durante as próximas dúas semanas. Habilitamos nestes días correos electrónicos das titoras de Educación Primaria para titorizar ás familias. O correo electrónico da vosa titora foi enviado a cada familia por abalar móvil. Podedes consultarlle a vosa titora as dúbidas que teñades en relación ao traballo programado para estes días sen clase. Ademáis, na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio , na sección AULA VIRTUAL, poderedes acceder a máis recursos que iremos actualizando. No caso de Ed. Infantil e especialistas, para facer unha consulta enviar ao correo electrónico do centro: ceip.nicolas.rio@edu.xunta.es. No facebook da nosa biblioteca Carlos Labraña, tamén atoparedes actividades para facer en familia estes días.
As solicitudes do proceso de admisión de alumnos e alumnas de nova incorporación poderán entregarse en secretaría unha vez que que se reinicien as clases, amplíase o prazo.
Un saúdo a todos e todas, e moito ánimo.

FEIRA DOS LIBROS 2020

RADIO 2ºB

MENÚ COMEDOR 2019/20

Biblioteca

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

 

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

 

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

 

 

 

 

Distribuir contido