No presente curso escolar, festexamos o Entroido dun xeito diferente. Recibimos cada día o mandato do Meco, e rematamos a semana cunha xuntanza no patio, para mostrar os sombreiros elaborados nas aulas (ver vídeo resumo do venres). Esperamos o curso seguinte voltar a saír polas rúas. O xoves 2 e venres 3, o alumnado poderá asistir ao colexio disfrazado.
Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro o vindeiro 23 de febreiro as nenas e os nenos do Ceip Nicolás del Río queren compartir con toda a veciñanza estes fermosos versos da autora. Podedes desfrutalos nalgúns locais da Vila.
O alumnado de Educación Primaria acudiu ao Auditorio Municipal no Día da Educación para ver a película "Matilda" no caso de 1º,2º e 3º; e "Camino a la escuela" en 4º,5º e 6º de Educación Primaria.
Seguindo as indicacións que establece a Lei 2/2006 do 3 de maio de Educación e a normativa de admisión de alumnado, todo o alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o IES Punta Candieira do curso 2022/2023 (modelo ED550A).
O prazo está aberto dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ambos inclusive) e as solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría deste centro ou na aplicación "admisionalumnado" (é preciso ter chave365 ou certificado dixital)
En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá vir asinada por ambos proxenitores.
A publicación das listaxe será antes do 25 de febreiro no taboleiro de anuncios da secretaría deste centro
Entendendo que cada un de nós é únic@ e diferente, no Ceip Nicolás del Río quixemos poñernos na pel das persoas con discapacidade practicando xogos coma “Don Preguntón”, a galiña cega ou deportes paraolímpicos como é o Boccia ou o Goalball porque… a diversidade somos tod@s!
Ademáis dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, adquíronse 20 exemplares do Libro "Plan de Rescate", que trata o tema da discapacidade. Coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, tivemos a sorte de conversar con Antía Yáñez, autora do libro. A rapazada de sexto mostrou un grande interese coa visita da autora, facendo moitas preguntas sobre a temática do libro e tamén sobre os pasos de Antía como escritora. A actividade levouse a cabo na nosa Biblioteca Escolar, quedando todos os libros asinados pola autora!!!
Tomando como punto de partida a cancion "A porta violeta", cada nen@ elaborou a súa propia porta violeta e a chave que a abre. Entendendo así que cada un de nós temos nas nosas mans a chave que abre a porta a un mundo mellor, onde a violencia de xénero non ten cabida.
No CEIP Nicolás del Río quixemos celebrar o Día Universal da Infancia (20 de Novembro)dando visibilidadeao que tanto botamos de menos nestes últimos tempos, como son os sorrisos das nosas alumnas e alumnos.
Porque un sorriso vale máis que mil palabras. Feliz Día!