Publicado na secretaría do centro a listaxe provisional do alumnado solicitante de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Publicada na secretaría do centro a listaxe definitivadas AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Pódese vir a recoller os vales dende o 17 ao 19 de xullo á secretaría do centro en horario de mañá ou en setembro.
Aberto o prazo para o procedemento de selección de COLABORADORES no servizo de comedor dende hoxe ata o 1 de setembro de 2023. O persoal interesado deberá acudir á secretaría do centro en horario de mañá.
PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA AS PRAZAS DE COMEDOR DO CENTRO. PÓDESE CONSULTAR A LISTAXE NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE MAÑÁ.
PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E DE RESERVA NO COMEDOR ESCOLAR. ESTARÁ PARA A CONSULTA A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO.
Na secretaría do centro está publicada a listaxe de solicitudes presentadas de axudas de material escolar e libros de texto. No caso de falta de documentación, o prazo para emendas será ata o 10 de xullo.
Infórmase de que o día 28 de xuño haberá unha reunión no Ceip Nicolás del Río para as familias do alumnado que comeza en 3 anos de Educación Infantil. Será no comedor escolar ás 12:00 da mañá.
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de maio ao 21 de xuño de 2023.
As solicitudes están publicadas na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo ED330B) e na secretaría do centro.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando o procedemento ED330B (é preciso ter chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión). Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.
Toda a información está na nota informativa para familias. Achégase tamén a Orde de 10 de maio de 2023 que regula as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24.
Dende o CEIP Nicolás del Río queremos celebrar con todas e todos vós o día do Libro,e lembrámosvos que o vindeiro martes 25 de abril terá lugar a inauguración da X Feira dos Libros.
Grazas á vosa participación, contamos con máis de 800 exemplares que xa vos están agardando. Feliz día do Libro!
No presente curso escolar recuperamos a celebración do Entroido, tras superar varios cursos marcados polo protocolo Covid. O cine e as películas foron os protagonistas nos disfraces desde día tan especial que compartimos con toda a nosa Comunidade Educativa polas rúas da Vila. Queremos agradecer o apoio e colaboración das familias, que xunto coa labor sempre exemplar do noso profesorado, fixo posible esta fermosa actividade enmarcada na nosa programación xeral anual. Como non podía ser doutro xeito, deixamos aquí unha reportaxe tanto do pasarrúas como o que sucede un día tan especial dentro do noso centro educativo.