Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/24
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de maio ao 21 de xuño de 2023.
As solicitudes están publicadas na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo ED330B) e na secretaría do centro.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando o procedemento ED330B (é preciso ter chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión). Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.
Toda a información está na nota informativa para familias.
Achégase tamén a Orde de 10 de maio de 2023 que regula as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Prazos axudas libros e material.pdf | 311.49 KB |
Nota informativa para familias.pdf | 931.29 KB |
Solicitude ED330B.pdf | 1.61 MB |
Orde 10 de maio de 2023 axudas libros de texto e material escolar.pdf | 1.32 MB |