Estimadas familias,
Lamentablemente, a previsión meteorolóxica para mañá 9 de febreiro, non é moi favorable a realizar o pasarrúas pola vila. Polo tanto, faremos un desfile interno na escola ao que estades convidados a vir. Como ben sabedes, o espazo é limitado polo que non se pode asegurar que entre o mesmo número de persoas que se fose no exterior.
Os familiares que veñades, teredes que entrar pola porta xiratoria verde de transporte, accedendo ao patio de césped artificial e ao ximnasio, onde estarán delimitadas as zonas para o público.
Acceso ao público dende ás 10:45 horas. O desfile do alumnado comezará ás 11:30 horas.
Agardamos desfrutedes do gran traballo realizado polo profesorado e alumnado durante moitas semanas.