Skip to Content

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2024

O 30 de xaneiro xuntámonos todo o alumnado e profesorado para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia 2024.

O alumnado intercambiou colgantes da paz realizados por eles, cunha frase que exprese o significado deste día. O discurso, a cargo das delegadas de 4º E.P., creou unha atmosfera de respecto, compañeirismo e colaboración. Este momento serviu de prólogo á solta de pombas, grazas a Jorge (Mendi), seguido da interpretación da canción "Soan as campás pola paz". A paz constrúese día a día, "un mundo mellor é posible".

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut