Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar
Esta axuda é para compensar os días lectivos que o alumnado tiña que comer no comedor escolar e que pola situación na que nos atopamos non poden facer uso del.
Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 6 de abril (ambos inclusive)
Requisitos para solicitar a axuda:
Alumnado coa condición de usuario gratuito do servizo de comedor
Alumnado coa condición de usuario que pague 1 €/día de servizo de comedor
Forma de presentación:
Telematicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. CÓDIGO DO PROCEDEMENTO – ED601B. Teñen que dispoñer de certificado dixital ou Chave365 .
Soamente as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude por medio do correo electrónico ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 881930091.
Documentación a aportar:
DNI da nai, pai ou titor legal do alumnado
Datos do alumnado
Número de conta bancaria