Biblioteca
GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS
Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.
Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.
Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.
Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.