Skip to Content

PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO CON DEREITO A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 

 

 

Orde do 6 de novembro de 2020 polo que se regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e secundaria (Publicadano DOG do 13/11/2020). ED330E

 

O prazo de solicitudes estará aberto durante 10 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación (data límite de presentación o 27 de novembro)

 

As solicitudes están a vosa disposición neste enlace, no centro e na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)

 

Documentación a presentar no centro:

1- Anexo I

2- Anexo II (comprobación de datos)

3- Copia do libro de familia

4- Copia da sentencia de divorcio (de ser o caso)

5- Copia do grao de discapacidade se é dun órgano distinto da Xunta de Galicia (de ser o caso)

6- Copia da documentación xustificativa da violencia de xénero (de ser o caso)

 

Alumnado destinatario:

1- O alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21

 

2- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (como calcular a renda per cápita e as persoas que forman a unidade familiar están establecidas na orde)

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Alumnado exento de presentar a solicitude no centro:

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

 

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II_CORREXIDO.pdf140.97 KB
Prazos.pdf240.91 KB


page | by Dr. Radut