Skip to Content

MARCADORES DA BIBLIOTECA

Aprende a utilizar os MARCADORES na nosa BIBLIOTECA,

con este video explicativo feito polos nosos colaboradores.

Preme na imaxe para ver o video.

 

 

SAÍDA AO BOSQUE DA RIBEIRA

O Bosque da Ribeira, no paseo do Río Condomiñas na zona da ponte de madeira, foi o destino dunha saída pedagóxica por parte dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria que, acompañados polas mestres e por Rafael López Loureiro, aprenderon moitas cousas sobre as árbores, plantas e animais do bosque. Preme na imaxe.

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Este curso os nenos de 5º e 6º estamos axudando na biblioteca .

É unha actividade voluntaria. Somos 65 axudantes.

Este traballo voluntario facémolo nos recreos, durante todo o curso por grupos. Organizamos os libros, facemos carteis indicando o xénero literario, escribimos noticias para a web do cole e videos explicativos… e o facemos porque queremos axudar sen recibir nada a cambio.

Firmado: Os axudantes da biblioteca.

MENÚ DECEMBRO

Preme aquí para descargar o menú de decembro.

 

EXPOSICIÓN "O PROMETIDO É DÉBEDA"

Na semana do 18 ao 22 de novembro estivo no noso centro a exposición da ONG "Jóvenes y desarrollo" baixo o tema "O prometido é débeda". Os temas que trataba esta actividade eran o comercio xusto, a débeda externa, o 0,7%, a pobreza no mundo, etc... Entre as actividades realizadas destaca a visualización dun video dos 8 obxectivos do desenrolo do milenio para o 2015, a realización dun cuestionario buscando as respostas nos 3 paneis e o análise e reflexión dos temas tratados. Preme na imaxe para ver as fotos.

CHARLA INFORMATIVA

O MAGOSTO

O xoves 14 de novembro, celebramos o Magosto no cole. En Educación Infantil os nenos e nenas participaron nuns obradoiros nos que esfollaron e debagaron o millo, fixeron zonchos de castañas, elaboraron a castañeira, decoraron a caixa coa castaña e ourizo e visionaron "Xian e o castañeiro" e "A castaña que estoupou da risa". En primaria, bailaron as peonzas, e logo comeron as castañas xunto coa leite. Preme na imaxe para ver as fotos!!!

 

CHEGARON AS AVISIÓNS AO COLE!!!

As avisións do Samaín

visitaron as clases do cole

para cantar unhas cancións

tradicionais do Samaín...

Preme na imaxe para ver

como o fixeron na clase de

2ºA.

MENÚ NOVEMBRO

Preme aqui para descargar o menú

 

PORTAS TERRORÍFICAS!!!

Co motivo destas datas, organizamos unha actividade para Samaín e Halloween, na que as portas de cada aula podían ser decoradas para ser as máis terroríficas do cole. A participación por parte do alumnado e do profesorado de todos os niveis educativos foi moi positiva e aínda que as portas dan moito medo, os nenos e nenas disfrutaron moito coa actividade. Preme na foto para ver as imaxes da actividade.

Excursión a Marcelle

Fotos da excursión a Marcelle de 1º de Educación Primaria


Excursión a Manzaneda

Do 17 ao 19 de xuño tivo lugar a excursión a Manzaneda dos nenos e nenas de 6º de Primaria. A pesar de que fixo moito frío e choveu en ocasións, todos o pasaron moi ben e participaron en actividades diferentes como cars, hípica, escalada, sendeirismo, tenis de mesa, fútbol, tiro con arco, billar, piscina e sesión de discoteca.

  

Maias de maio

Este venres, aproveitando que o mes das flores remata, celebramos unha pequena festa cos máis pequeños do cole.
Os nenos e nenas de educación infantil colaboraron co seu ramiño de flores traido da casa, e vestidos de Branco, nestas primeiras “Maias de Maio”, unha exaltación da cultura tradicional galega arredor das flores de maio.
E como nunha festa ten que haber baile e música, os nenos e nenas interpretaron danzando dúas pezas musicais, para o que contamos coa colaboración e bo facer musical de Cuxa e Jose Antonio. Gracias a todos e todas por colaborar!!!

Excursión aos museos da Coruña

Os museos da Coruña foron os lugares elexidos para a excursión de 3º de primaria. Preme na imaxe para ver as fotos da saída.

Excursión a CASA DO QUEIXO

Os nenos e nenas de 2º de primaria foron de excursión á Casa do Queixo. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da saída.

MENÚ XUÑO

Xa temos dispoñible o menú de xuño

ÚLTIMA HORA!!!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/14!!!!!

Preme nos seguintes documentos:

Resumo das instruccións ás familias sobre libros de texto para o vindeiro curso.

Solicitude da axuda.

ANIMACIÓN Á LECTURA 3º

Preme na imaxe para ver as fotos da actividade.

FEIRA DOS LIBROS

A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video.

Distribuir contido


by Dr. Radut