Skip to Content

SOLICITUDE PRAZA DE COMEDOR 2014/15

Descarga de solicitude de praza no comedor e instruccións para o curso 2014/15

VISITA DE ÁLVARO PORTO DAPENA

O Cadeirádego Emérito da Universidade da Coruña, Álvaro Porto Dapena, membro correspondente da Academia de la Lengua Española, autor dunha amplísima e moi valorada obra científica lingüística, especialmente no ámbito da lexicografía, deu unha clase maxistral aos alumnos e alumnas de 6ºC sobre a importancia das palabras e a orixe de topónimos, nomes e apelidos.

EXCURSIÓN 5 ANOS

Excursión de 5 anos ao Acuario Finisterrae da Coruña. Preme na imaxe para ver as fotos.

PIRAGÜISMO NA ESCOLA

Actividade de piragüismo para 5º de Educación Primaria, enmarcada dentro dos Xogos Mariñeiros organizados polo ANPA Picapeixe. Os nenos e nenas participaron nesta actividade dunha forma moi satisfactoria coa axuda e vixiancia de Salvamento Marítimo. Houbo medallas e un vale de compra de 5 euros en Decatlon para os que participaron. Preme na imaxe para ver as fotos.

TEATRO: " NICOLÁS E FADA CANINA"

Os nenos e nenas do Ceip Nicolás del Río, agás os de 3 anos e os de 3º de Educación Primaria que xa tiñan programada outra actividade, acudiron ao Auditorio para ver unha obra de teatro titulada: "NICOLÁS E A FADA CANINA", interpretada polo grupo "Teatro da Vila". Esta obra é unha das actividades do proxecto único e pioneiro a nivel internacional "CANCIENCIA" que se centra na prevención de ataques de cans na infancia.

 

MENU XUÑO

PREME NA IMAXE PARA VER

O MENU DE XUÑO.

EXCURSIÓN 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa se poden ver as fotos da excursión dos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. Unha saída didáctica moi completa e variada, tanto os alumnos coma os profesores voltaron moi satisfeitos. Preme na imaxe para ver as fotos.

 

Agradecementos as familias de 4 anos

AS TITORAS DE 4 ANOS, QUEREMOS AGRADECER A TÓDALAS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN NA ACTIVIDADE “O PROTAGONISTA” DA SEMANA, QUE SE PODEN VER NA SECCIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL, "4 ANOS A" E "4 ANOS B".

POR FACER SENTIR ÓS VOSOS NENOS OS MÁIS ESPECIAIS. POR COMPARTIR CON NÓS MOMENTOS FELICES NA ESCOLA. POLA ADICACIÓN DO VOSO TEMPO A EDUCAR CON NÓS. PORQUE NA ESCOLA E NA CASA, DEBEMOS NAVEGAR CON UN MESMO RUMBO…

                 GRAZAS.

 

AS REDEIRAS NO COLEXIO

Como se enche unha agulla? , como se fai un nudo? , é díficil facer un rolo? , con que aparello se pesca o rape? e a merluza? , que é un entrallo?..
O mércores 11 de xuño en horario escolar , a Asociación de Redeiras de Cedeira respondeu a estas e outras cuestións da súa artesanía ante todos os nenos e nenas do CEIP Nicolás del Rio que tamén puideron realizar practicas sinxelas cos aparellos , cordas , agullas...
A actividade enmarcada nos Xogos Mariñeiros da Anpa Picapeixe é tamén un recoñecemento e honra a todas as mulleres que traballaron e traballan na rede e aportaron ás súas familias e a Cedeira o seu valor , a súa arte e a súa destreza : Redeira , das túas mans , Cedeira ; faise ó mar!!!. (Preme na imaxe para ver as fotos)

SIMULACRO DE INCENDIO

O martes 9 de xuño fixemos un simulacro de incendios no colexio. Queremos agradecer a protección civil o seu traballo  que foi exemplar.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Xa está dispoñible a información para a axuda dos libros de texto.

LECTURAS COMPARTIDAS

Dende a  bibloteca escolar iniciouse unha actividade do centro de lecturas compartidas entre as clases do colexio. Uns fixeron dramatizacións, outros cantaron cancións, recitáronse fragmentos do Quixote, etc.... Preme na imaxe para ver un video dunha das actividades.

 

SAÍDA DIDÁCTICA ÁS INSTALACIÓNS PORTUARIAS

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria fixeron unha saída didáctica ás instalacións portuarias e ao Castelo da Concepción de Cedeira. A actividade foi moi interesante e esperamos poder repetila con outros grupos do colexio. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da actividade.

Excursión Casa do Queixo

Os alumnos de 2º de Educación Primaria fixeron unha saída didáctica a Casa do Queixo. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da actividade.

AS MAIAS DE MAIO

O luns 26 de maio, celebramos no colexio as maias de maio, cun festival de danzas no que participaron todos os alumnos e alumnas. As flores e as danzas foron as protagonistas nesta actividade, na que cabe destacar a recuperación da Danza de Arcos realizada polos alumnos de 6ºC. Todos os mestres colaboraron na organización e fixeron posible a actividade, pero en particular queremos destacar o traballo de Carmen Lorenzo, Iria e Roberto, que prepararon unhas danzas moi tradicionais para todos as clases do colexio. Preme na imaxe para ver o video.

ÚLTIMO DÍA DA FEIRA DOS LIBROS

Rematou a III Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río. Nesta ocasión, os nenos e nenas recolleron os seus diplomas de participación, as fotos con Geronimo e Tea Stilton, fíxose a entrega de medallas aos participantes da Gimkana e entregáronse os premios de debuxo e carta a Geronimo e Tea Stilton. Dende o centro queremos agradecer e felicitar aos mestres organizadores da Feira polo seu gran traballo e por facer unha actividade para o fomento da lectura que implica a toda a comunidade educativa. Tamén agradecemos a gran participación por parte do alumnado do centro e das familias que acudiron cos mais pequenos. Esperamos repetir no curso que ven, e contamos con todos vós. Preme na imaxe para ver algunhs fotos do último día da Feira dos libros.

EXCURSIÓN 4 ANOS

Excursión a Belelle dos nenos e nenas de 4 anos de Educación Infantil. Preme na imaxe para ver algunhas fotos (baixa calidade).

DEPORTES NO RECREO

Dende Educación Física organizamos torneos e campionatos de fútbol, brilé,.... no patio do Areal, para 3º e 4º de Educación Primaria. Tamén para 5º e 6º estamos facendo un torneo de futbolín que está tendo moito éxito.

 

AS FAMILIAS COLABORAN NAS CLASES DE 3 ANOS

Moitas gracias as nais de Carmen e Iago que viñeron a facer manteiga no marco do proxecto as vacas; e a nai de Sabela, que nos trouxo un xirasol que se movía buscando o sol para traballar o proxecto as flores. Pasámolo moi ben e estamos encantados de ter tantas visitas de expertos!!!

A BIBLIOTECA ESCOLAR ABRE NOS RECREOS!!!!

A nosa biblioteca abriu este xoves as súas portas para o alumnado que queira facer uso dela nos recreos. Tras un longo traballo de catalogación, organización e preparación da biblioteca xa nos decidimos a dar este paso que tanto demandaban os nenos e nenas do noso colexio. Os colaboradores son os encargados de xestionar o préstamo no ordenador, así coma colocar os libros, recomendar lecturas e facer que se cumpran as normas. O calendario semanal da biblioteca queda do seguinte xeito:

  • Luns: 1º de Educación Primaria.
  • Martes: 2º de Educación Primaria.
  • Mércores: 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Xoves: 5º de Educación Primaria.
  • Venres: 6º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut