Skip to Content

MENU MAIO

         

Preme nesta imaxe para ver

o menú do mes de maio.

                             

III FEIRA DOS LIBROS. 2º DÍA.

Neste segundo día da III Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río puidemos desfrutar dunha "carnavelesca" xornada. A maioría dos nenos e nenas asistiron disfrazados de personaxes de contos ou comics. (Preme na imaxe para ver as fotos).

Xogamos ao Badminton!!!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistiron ao polideportivo municipal en varias ocasións para practicar deportes coma o baloncesto, futbol sala e neste caso para xogar ao Badminton. Dende o centro agradecemos ao Concello e aos traballadores do polideportivo a colaboración e apoio para poder impartir as clases de educación física cando o consideremos oportuno.

 

 

CHARLA DA ANHIDA

ASOCIACIÓN DE NENOS E NENAS CON TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN CON/SIN HIPERACTIVIDADE


Relator: Javier Estévez Rodríguez.


Data: martes 29 de abril na aula 16 do Ceip Nicolás del Río ás 16:00-17:30 horas.


Destinatarios: toda a comunidade educativa.


Temas: TDA/TDAH, concepto, prevalencia, diagnóstico e tratamento. Afectación das funcións executivas e manifestación na casa e na aula. Necesidade de implicación e comunicación.

XOGANDO AO ATLETISMO

O luns 7 de abril os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria participaron nunha xornada de "Xogando ao Atletismo", organizada pola Xunta, no polideportivo de Moeche. Tamén asistiron outros colexios da zona.

III FEIRA DOS LIBROS

O martes 22 de abril abriu as portas a III Feira dos libros do Ceip Nicolás del Río. Dende o equipo directivo, queremos destacar o gran traballo feito polos mestres organizadores da Feira, que un ano máis demostran a súa implicación, creatividade e esforzo por desenrolar o fomento da lectura no noso centro educativo. Noraboa!!! (Preme na imaxe para ver as fotos do 1º día)

FASHION MAGAZINE

Traballo realizado polos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria.


Ver FASHION MAGAZINE.

Visita dos voluntarios da biblioteca á Biblioteca Municipal

Os voluntarios da biblioteca que están a facer un traballo exemplar, desplazáronse á Biblioteca Municipal para ver e coñecer o seu funcionamento. Neste curso escolar, a nosa biblioteca está nun proceso de actualización adaptándose a CDU, que é o código universal das biblioteca de todo o mundo, no que se clasifican os fondos bibliotecarios por colores, códigos e idades. Ademáis estamos catalogando todos os nosos libros na aplicación informática "Meiga" de bibliotecas escolares. Ata o momento levamos uns 1.300 exemplares catalogados.  Proximamente esperamos comezar a traballar có préstamo bibliotecario informatizado nos recreos e polas tardes, pero para iso foi necesario un traballo previo liderado pola mestre Rebeca Léon e o seu equipo de biblioteca, coa axuda dos alumnos voluntarios. Consideramos que un colexio público debe ter unha biblioteca de calidade, e loitaremos por conseguilo.

ÚLTIMA CHARLA DA GARDA CIVIL

O venres 4 de abril tivo lugar a última charla do Plan director da Garda Civil, neste caso sobre prevención de drogas para os alumnos de 5º de Educación Primaria.

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

O mércores 9 de abril, visitounos o escritor MARCOS CALVEIRO, que estivo falando cós alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria do seu libro "PALABRAS DE AUGA", co que conseguiu o premio Merlín da literatura infantil no ano 2012.

MENU MES ABRIL

Preme AQUI para ver

o menu do mes de ABRIL.

CURTAMETRAXE "E TI....VAS Á MODA?"

No Ceip Nicolás del Río fixemos unha curtametraxe titulada "E ti... vas á moda?" na que participaron os nosos alumnos e alumnas, ademáis doutros actores secundarios. Esperamos que vos guste, aínda que non somos profesionais fixémolo coas nosas posibilidades, e damos a gracias a todas as persoas que colaboraron no video. Preme aquí para ver o video.

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria disfrutaron dunha saída didáctica á Serra da Capelada para plantar árbores autóctonas. Esta actividade complementaria tan enriquecedora para os nosos alumnos/as foi posible gracias á colaboración do ANPA Picapeixe. 

GRACIAS MARÍA!!!

Dende o CEIP Nicolás del Río, queremos facer un agradecemento especial a María, mestra en prácticas este curso 2013/2014. Dende o primeiro trimestre, no que chegou ao centro para realizar as prácticas escolares, que nese mesmo trimestre finalizaron, ata agora, que acude ao centro sempre que ten a oportunidade, non deixou de implicarse en todas as actividades apoiando ao alumnado de tres anos.
Por todo isto, María, queremos darche as gracias, e animarte para que remates os estudios, consigas ser oficialmente a estupenda profesora que xa eres, e así poidamos compartir contigo moitas máis experiencias. Imos falar aquí tamén en nome deses pequerrechos, os nenos e nenas de tres anos, aos que lles brila un sorriso cando te ven aparecer nas filas pola mañán. Sen máis, MOITAS GRACIAS, PROFE!!!!!!!!

RESULTADO DAS ENQUISAS SOBRE A BIBLIOTECA E HÁBITOS DE LECTURA

Os voluntarios da Biblioteca Escolar fixeron un video sobre o seu traballo en relación ás enquisas que se lle fixeron aos nenos e nenas do centro sobre a biblioteca e hábitos de lectura. Preme na imaxe para ver o video.

 

 


III FEIRA DOS LIBROS

A III FEIRA DOS LIBROS do Ceip Nicolás del río celebrarase dende o 22 de abril ata o 20 de maio, co fin de espertar na nosa comunidade educativa o pracer pola lectura. Os nenos, nenas ou adultos que queiran participar, deberán entregar ó titor/a os libros que vaian a aportar á Feira. Por cada dous libros, terán un vale, que poderán trocar por outro libro os días da Feira. Animadevos a participar, haberá sorpresas....

 

CHARLA GARDA CIVIL

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL.

"Prevención das drogas"

Venres 21 de marzo para 6º de primaria.

Venres 4 de abril para 5º de primaria.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA. 4º PRIMARIA.

Actividade realizada nas dúas clases de 4º de Educación Primaria para traballar o "Día da Muller Traballadora". As mestres de 4º agradecen a colaboración das familias por prestarlles as fotografías para facer este traballo cós nenos e nenas.Preme nos enlaces para ver os videos ou tamén se poden descargar máis abaixo.

VIDEO 4ºA

VIDEO 4ºB

PROXECTO "AS VACAS"

Nas clases de 3 anos estamos a traballar o proxecto "As vacas". Unha das actividades finalizou o venres cunha merenda de iogures, sendo os propios nenos e nenas os que foron coas mestres ao supermercado a mercalos e pagalos cos seus cartos. Preme na imaxe para ver algunhas fotos da actividade.

VISITA DO HISTORIADOR RAFAEL USERO

Rafael Usero, un gran historiador da nosa Vila, visitou aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut