Skip to Content

Visita do Paxe Real

O Paxe Real acaba de chegar dende Oriente para recoller as cartas dos nenos e nenas do Ceip Nicolás del Río e entregalas directamente aos Reis Magos...

PANXOLIÑAS

IDIOMAS, SAUDAMOS!!!

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa están de camiño.


Xa viaxan polos fogares do alumnado de 5 anos, 3º de Primaria e 6º.

Conteñen libros, revistas, música e películas; en galego, castelán e inglés.

Axudarán a coñecer lugares próximos, a facer traballos manuais, cantar cos máis famosos, gozar da maxia dos deportes…

Agora toca desfrutar delas en familia e compartir esa experiencia no

diario da mochila.

MENU DECEMBRO

ENTREVISTA NA BIBLIOTECA

MAGOSTO 2015

Portas terroríficas

Mellora da convivencia escolar

Estimadas familias:


No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, pedimos a vosa colaboración para a recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que sexan precisas.


As familias que desexen participar deberán cubrir un cuestionario en liña (un por familia, independentemente do número de fillos no centro). Recibiredes as instruccións e a clave de acceso en sobre pechado. O cuestionario é totalmente anónimo e leva uns dez minutos cubrilo.


Se algún de vós ten dificultades para acceder a internet ou entender as instruccións , non dubidedes en acudir á secretaría do centro en horario de 09:00 a 10:00h, onde vos ofreceremos axuda para cubrilo.


O prazo para cubrir a enquisa é o 30 de novembro.


Agradecemos a vosa colaboración e participación.


Enlace para acceder ó cuestionario

NOVO FORNO

 Neste curso instalouse un novo forno co que as nosas cociñeiras nos fixeron comidas novas que nos gustaron moito, como churrasco, peixe e lombo ó forno, patacas ó vapor… e seguirán facendo novos pratos e nós disfrutando deles. Preme na imaxe e verás o noso novo forno e como lle sacamos partido.

 

NOVEMBRO

Este é o menú do mes do NOVEMBRO.

 

Preme na cabaza.

Resultado de imagen de calabaza dibujo

 

Na primeira semana as meigas, pantasmas e demais personaxes do SAMAÍN axudarán ás cociñeiras  e non sabemos o que nos farán de xantar ata o mesmo día. Podedes informarvos nesta web.

 

MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

 

APRENDEMOS A ESCRIBIR UNHA CARTA

Ola chicas e chicos! Son Percebín. Estou moi ledo porque recibín unha morea de cartas, pero temos un problema... Vexo que moitos non saben como escribilas. Así que decidín pedirlle axuda a Mateo de 6ºA e a Martiño de 4ºB, para que nos expliquen como facelo. Grazas chicos por este excelente traballo. Ollade e escoitade!

WHO ARE THEY!!!

Coñeces aos nenos e nenas de 6º de primaria??? Preme na foto para acceder a todas as imaxes dos nosos alumnos e alumnas de 6º e podes comentar en cada foto quén pode ser.... ANÍMATE A XOGAR!!! Esta actividade foi feita en clase de plástica en inglés.

You can have the answers in a few days.

APERTURA DA BIBLIOTECA!!!

Ola chic@s!

Por fin,abrimos as portas! Os meus amigos: o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda, o Peixe e o cangrexo Patexo tiñamos un lío tremendo! Estivemos todo o verán surcando as ondas do mar, surfeando, buceando... e claro, os libros fóronse acumulando...

Así que esta apertura non foi nada fácil. Temos que dar as grazas, o alumnado de 5º e 6º que se trasladou ata a Biblioteca Municipal López Cortón para ampliar a súa formación e aos voluntarios que tiveron que pasar un Casting a semana pasada, grazas a súa axuda agora podemos andar por este mar de libros, pero xa organizados.

Dentro das súas labores estarán: axudarvos nos recreos cando desexedes buscar información, atopar un conto..., procurar que o nivel de ruídos non traspase o umbral permitido, recordarvos as normas, fichas os libros que levedes e devolvades, ser amables e crear un ambiente agradable que convide a disfrutar,... Pero queridos amiguiños e amiguiñas da costa Cedeiresa, recordade que isto é un traballo de todos!

Polo tanto esperamos vervos nos recreos e nalgunha sesión cos mestres. Escribídeme faime moita ilusión, quero coñecer os vosos gustos, suxestións, opinións...

MENÚ SETEMBRO

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
PARA O CURSO 2015/16

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

LISTAXES PROVISIONAIS

Como consecuencia das alegacións presentadas ata o momento, a listaxe provisional de admitidos e de reserva de usuarios de comedor sufre modificacións, que quedarán definitivamente pechadas cando a comisión se reúna o vindeiro 4 de setembro e publique o listado definitivo.

Para facilitar a conciliación familiar e posibles dificultades persoais que os membros da comunidade educativa podan sufrir como consecuencia das resolucións con respecto ó comedor, a dirección do centro decide expoñer no taboleiro dende o día 22 de xullo a modificación das listaxes provisionais, continuando o prazo de alegacións marcado ata o 3 de setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/2016

  • LISTADO XERAL DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016  preme aquí 

 

  • ACLARACIÓNS SOBRE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE EP  preme aquí  

 

  • FONDO SOLIDARIO: as listaxes de admitidos e excluídos están publicadas no taboleiro da entrada principal do centro.

 

  • CHEQUES: os cheques están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro.

 

FESTA FIN DE CURSO

Xa podemos ver un video resumo da festa que lle preparamos ao alumnado de Infantil e Primaria para despedir o curso escolar. Dende o centro queremos agradecer a colaboración de:

  • O ANPA Picapeixe, pola colaboración tanto a nivel económico como no apoio nos talleres de globoflexia e maquillaxe.
  • A todas as familias pola colaboración.
  • A Avelino Garrido, por traer o hinchable dos Simpsons "GRATIS", e estar pendente durante toda a mañá co seu compañeiro Alberto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut