O prazo de presentación de solicitudes de praza no comedor escolar para o curso 2016/17, abranguerá do 14 de xuño ao 8 de xullo , ambos incluídos.
Os pais/nais/titores legais ou acolledores familiares de alumnado do centro que desexedes colaborar nas tarefas de atención ao alumnado no comedor escolar para o próximo curso académico, podedes apuntarvos nas listas de admisión, que se atopan na secretaría do centro, a partir do 22 de xuño.
ACORDOS DO CONSELLO ESCOLAR
Segundo o acordado polo Consello Escolar, en sesión celebrada o 7 de xuño do 2016 :
- O alumnado fillo de pais e nais, titores legais e acolledores familiares, traballadores ambos con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, revisaranse e baremaranse ditas solicitudes, avaliándoas, segundo a seguinte orde de preferencia:
- Alumnado con irmás ou irmáns usuarios do servizo de comedor no curso escolar anterior.
- Renda anual neta per cápita da unidade familiar a que pertenza o alumno/a calculada segundo o 6.2.5 da Instrución1/2006, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2016/2017. (Ordearanse de menor a maior renda)
- No suposto de ir dous irmáns ou irmás seguidos/as na lista e só haber praza para un, serán os pais/nais ou titores legais os que decidirán cal deles/as será admitido/a.
- Considerarase como incompatibilidade do horario laboral dos seus pais/nais/titores legais/acolledores familiares co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, o seguinte:
- Traballos por quendas cando algunha das mesmas cumpra os criterios definidos de incompatibilidade horaria.
- Horario de saída do traballo (acreditado documentalmente) con imposibilidade de estar no centro escolar ás 13:30h. A ferramenta a utilizar para medir o tempo de traslado dende o centro de traballo será a aplicación googlemaps.